ASPACE-Galicia trasladou ao Conselleiro de Política Social, as necesidades do colectivo das persoas con parálise cerebral
A Xunta Directiva de Federación ASPACE-Galicia foi recibida onte polo Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e pola Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, María Amparo González Méndez.
Entre as cuestións a tratar atópanse:
- A necesidade de ampliar as prazas de atención de día e residencial, específicas para persoas con parálise cerebral, nas diferentes asociacións que forman parte de Federación.
- A importancia de buscar novos mecanismos de financiación para o transporte porta a porta, que as asociacións de Federación realizan a diario para trasladar aos usuarios das súas casas ao centro e viceversa. Este servizo de transporte presenta unha serie de aspectos diferenciais que aumenta considerablemente o seu coste.
- Recibir información actualizada sobre o estado de aspectos de gran interese para o colectivo, actualmente en proceso de revisión, como a xestión do 0,7% do IRPF, que a partires do 2017 será xestionado nun porcentaxe elevado polas comunidades autónomas, ou a aplicación do copago.
Federación ASPACE-Galicia trasladoulle ao Conselleiro de Política Social, o agradecemento pola cesión da administración autonómica dun novo local para ASPACE Lugo, asociación membro da Federación.