A inauguración da mostra itinerante tivo lugar no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra

Cumprindo co obxectivo de dar difusión e visibilización da realidade das persoas con parálise cerebral, Federación ASPACE- Galicia trae a Pontevedra a Exposición Itinerante de Fotografía ASPACE, convocada por Confederación ASPACE, que poderá verse no Pazo da Diputación Provincial de Pontevedra. Ao acto acudiron a Presidenta da Deputación Pontevedra, Carmela Silva Rego; o xerente de Federación ASPACE-Galicia, Ignacio Pérez; a xerente de Amencer-Aspace, Mónica Touriño; e a diputada de Servizos Sociais, Digna Rivas.

A muestra conta cun total de 21 instantáneas que nos transmiten a cotidianidade das persoas con parálise cerebral, resaltando o feito de que, máis alá da súa discapacidade, a súa vida é idéntica á de cualquera persoa. “Temos que sensibilizar á sociedade, esta exposición fotográfica logra ese obxectivo”, comentou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, que engadiu que as persoas con parálise teñen “todas as capacidades para vivir en igualdade neste mundo no que vivimos”.

As fotografías seleccionadas foron tomadas por usuarios das entidades ASPACE, familiares e profesionais que traballan neste ámbito. A mostra permanecerá activa ata o 20 de xullo. O seguinte destino da exposición itinerante será ASPACE Segovia.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Whatsapp
Whatsapp