A mostra estará en activo do 7 al 17 de xuño no Centro Social Afundación en Vigo

EMbarrARTE – EMpapelARTE é a culminación do proxecto ARTESANÍZATE de Federación ASPACE-Galicia e as súas entidades membro (APAMP, AMENCER ASPACE e ASPACE CORUÑA). A exposición inaugúrase o 7 de xuño ás 18 horas e permanecerá aberta ata o 17 deste mes na Sala 2 do Centro Social Afundación de 17:30 a 20:30 horas.

Acompañando ao titular, co lema “Habilidades sociales y laborales para la integración de personas con Parálisis Cerebral”, na sala móstranse os traballos realizados en:

  • ASPACE CORUÑA: Taller de cerámica.
  • APAMP VIGO: Taller de cerámica.
  • AMENCER ASPACE: Taller de papel.

A exposición enmárcase dentro do Proxecto ARTESANÍZATE de Federación ASPACE-Galicia, un proxecto que incide principalmente nas áreas social, educativa e laboral. En total, 6 profesionais (tres profesores de taller e tres educadoras sociais) ensinaron aos usuarios as técnicas da formación en cerámica e papel para mellorar a accesibilidade dos alumnos no mercado laboral das persoas con parálise cerebral.

Os obxetivos da exposición céntranse en visibilizar as capacidades e potencialidades das personas con parálise cerebral, para así dar a coñecer á sociedade o traballo realizado polo colectivo para favorecer a súa inserción sociolaboral.

EMbarrARTE – EMpapelARTE pretende ser unha ventá aberta á sociedade na que se dé a coñecer o traballo realizado por persoas con parálise cerebral para fomentar as súas habilidades sociais e prelaborais. A mostra pretende recorrer as tres cidades galegas nas que se levou a cabo o proxecto.

ARTESANÍZATE está enmarcado no Programa de Formación e Emprego que dispón Federación ASPACE-Galicia, que en coordinación con as súas entidades membro, desenvolve dende o ano 2005 en Galicia. O proxecto atópase financiado polo Fondo Social Europeo, a través da Fundación ONCE.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp