O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou a exposición do CERMI “CapacitARTE- Así somos, así o facemos” para visibilizar a realidade das persoas con discapacidade, que poderá visitarse na sede da Xunta en San Caetano

A exposición organizada polo Cermi Galicia (Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia), conta entre as súas asociacións membro con Federación ASPACE-Galicia. O titular do goberno galego, Núñez Feijóo, afirmou que “ser diversos permítenos aprender, traballar pola accesibilidade universal aos servizos públicos e elevar exponencialmente a importancia do compromiso das institucións”.

A continuación, as declaracións do presidente do goberno galego, Núñez Feijóo, acerca do presuposto do próximo ano sobre as políticas de discapacidade:

En poucos días, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, será o 3 de decembro. As entidades de Federación ASPACE-Galicia realizarán concentracións en A Coruña, Vigo e Pontevedra para levar a cabo una gran paraguada de cores e visibilizar o colectivo das persoas con discapacidades co lema “Baixo o mesmo paraugas”, en conxunto con outras asociacións sociais.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp