A Deputación de Pontevedra apoia o proxecto de Federación ASPACE-Galicia, unha aplicación informática que favorezca a accesibilidade e a usabilidade das TIC para favorecer a comunicación, o acceso ás novas tecnoloxías e a interacción co medio dixital das persoas con Parálise Cerebral.
A aplicación permitirá a creación de taboleiros personalizados aos que se lles asignará diferentes funcións, de acordo coas capacidades e as necesidades físicas, psíquicas ou sensoriais de cada usuario: acceso a Internet, comunicador, reproductor de vídeo e música, manexo de redes sociais, así como o visionado de imaxes, entre outras posibilidades. A existencia dos sistemas alternativos e aumentativos de comunicación favoreceron a reducción ou incluso a desaparición das dificultades para comunicarse das persoas con Parálise Cerebral.
A aplicación está creada con software libre, de maneira que permita incorporar novas funcionalidades en función das necesidades do colectivo. O programa está diseñando para ser empregado co sistema operativo Windows, para ordenador como para tablet, e para Android, teléfonos ou tablets, permitindo a interactividade entre as dúas plataformas. Podríanse intercambiar os taboleiros confeccionados entre os sistemas operativos descritos, conservando as súas características entre ambos sistemas.
A Deputación de Pontevedra colabora na execución deste proxecto a través da convocatoria de subvencións dirixidas ás entidades sen ánimo de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais 2016.