Un certamen gastronómico para usuarios das nosas entidades: Amencer-Aspace, APAMP Vigo e ASPACE Coruña

Federación ASPACE-Galicia pon en marcha a cuarta edición do Concurso de Cociña “en ASPACE cociñamos xuntos”. Un certame para persoas con parálise cerebral das nosas entidades membro que ten coma obxectivo premiar a mellor receita en formato tradicional e en formato triturado/texturado da comunidade ASPACE-Galicia. Ademais de fomentar a realización de actividades conxuntas de ocio que reforcen o vínculo afectivo e familiar.

En esta nova edición, retamos ós participantes a presentar un prato con hamburguesa. De carne, de pescado, de verduras, de legumes… Eles deciden como e de que preparala! Ademais de como acompañala e presentala. Fomentando así a creatividade, responsabilidade e autonomía das persoas con parálise cerebral a través dunha actividade en familia e con amigos ó tempo que se da visibilidade as súas capacidades.

A dinámica do concurso consiste en celebrar unha semifinal en cada entidade membro de ASPACE-Galicia, nas que se seleccionaran as dúas receitas de cada entidade (en formato tradicional e en formato triturado/texturado) que competirán na final. Como novidade este ano haberá dous gañadores, premiando así a mellor receita de cada categoría. Un xurado profesional, presidido por unha figura relevante do mundo da gastronomía galega, terá a responsabilidade de seleccionar ós semifinalistas, e os gañadores en cada un dos eventos.

A inscrición realizarase ata o día 2 de novembro a través das nosas entidades membro: Amencer-ASPACEAPAMP Vigo e ASPACE Coruña. E dende ASPACE Galicia animamos a tódalas persoas con parálise cerebral que pertencen a algunha das nosas entidades a presentarse ó certame. Bases IV Concurso de Cocina

Solo nos queda agradecer os nosos colaboradores a súa participación no noso concurso. Sen eles non sería posible! Grazas Aceites Abril, Anfaco Cecopesca, Casal Coton, Escuela Naval Militar, Gadis, Galifresh, Grupo Nove cociñeiros, Hifas da Terra Foundation, Mel de Galicia, Porto Muiños e Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp