Tralas anteriores Marchas sobre Rodas realizadas en Pontevedra e A Coruña, a 3ª edición trasládase a Vigo

Nesta proba solidaria poderán participar bicicletas, triciclos, patíns, patinetes, cadeiras de bebés, cadeiras de rodas, así como persoas a pé que poidan ser acompañantes das persoas con discapacidade. A marcha organizada por Federación ASPACE-Galicia conta coa colaboración de Apamp (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral), o concello de Vigo e Deputación de Pontevedra.

Con esta actividade búscase promover a realización de eventos que impliquen a persoas de todas as edades e condición física co obxetivo de crear un espíritu solidario e seguir sumando esforzos para a mellora da calidade de vida das personas con parálise cerebral de Galicia. A marcha comenzará no Pabellón Pablo Beiro con meta no Museo Verbum. Unha vez finalizada, celebrarase a lectura dun manifesto no que usuarios das entidades de ASPACE-Galicia reivindicarán os seus dereitos. Ademais, haberá música en directo e sorteo de agasallos.

A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Consellería de Política Social, Ministerio de Sanidad, Gadis, Carrefour, Hijos de Rivera, Frutas San Román, Cibus Navia, Dulce Sol, ANFACO-CECOPESCA, Coca Cola, Máis que auga, PRIM Clínicas Ortopédicas, FisioNavia, Fisioterapia Pablo Losada Crespo, Salud Vasalo, Asador Soriano, Pazo Los Escudos, Tórculo Comunicación Gráfica, Construcciones Piñeiro, Ekipo, Fundación Celta, Bici o Con, Cadena Ser Vigo, Vitrasa, ‘La Caixa’, Club Atletismo Vigo e Fundación Vide del Concello de Vigo.

En breves, os informaremos das novidades para que as persoas interesadas poidan inscribirse.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp