O 15 de novembro realízase a 3ª edición do Encontro Autonómico de Autoxestores, centrándose na temática “Ocio para todos”
O Encontro de Autoxestores serve para fomentar e facilitar a participación activa de persoas con parálise cerebral nas decisións que afectan as sús vidas. Este ano, o punto de encontro será o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo ás 10:30 horas. O evento está organizado por Federación ASPACE-Galicia e APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral de Vigo), esta última entidade celebra este ano o seu 40 aniversario.
O acto contará coa presenza do ciclista, Álvaro Pino; o Director noticia de ocio Aspronaga, Iago Graña Menduiña; o Organizador de eventos deportivos, Juan Pedrido; o Coordinador Proyecto Discamino, Javier Pitillas; así coma representantes de ASPACE, o Presidente de Federación ASPACE-Galicia, Eulogio López; o Xerente de Federación ASPACE-Galicia, Nacho Pérez; e o Presidente de APAMP, Daniel Varela Lago.
Ás 16:00 horas participarán na mesa redonda “Que ocio temos, que ocio queremos”: Rosa Mª Blanco, Mª Carmen Castiñeiras e Sergio González de AMENCER; Santiago Oriazales e Jorge Santiago Espiñeira de ASPACE CORUÑA; e Javier Fernández e Gonzalo Llamedo de APAMP. Como coordinadora asistirá Emma Placer, sexóloga Salud&Placer. A maiores, de 17:45 a 18:15 horas terá lugar a obra de teatro “Emma”, unha actuación do Grupo de Teatro Apamp de Navia.
A Rede Autonómica de Autoxestores nace no 2014 para crear un espazo común onde persoas con parálise cerebral de Galicia debatan sobre as cuestións que lles afectan promovendo a súa autoxestión, autodefensa e autodirección, converténdose nos seus propios portavoces e protagonistas da súa vida. Se trata de facilitar a súa participación activa como principio fundamental ea autodeterminación; á vez que se busca a coordinación có resto de grupos de autoxestores de Galicia.
O primeiro Encontro de Autoxestores foi en Pontevedra sobre “Afectividade e sexualidade”; e o seguinte en Sada, “Metas, retos y desafíos de futuro”. A continuación, o programa completo do III Encontro Autonómico de Autoxestores.