
Alédanos o corazón ver como, nuns días tan duros e difíciles como estos, hai moooita boa xente lanzando iniciativas propias para axudar en todo o que poden. Dende Federación ASPACE Galicia queremos aportar o noso gran de area para facervos máis rápida e sixela a corentena. Traémoste unha serie de actividades gratuitas que podes facer dende casa. Ala ímos!
- Cociñar recetas novas. Existen perfís de Instagram como Futurlife21, Paulinacocina, Simple Vegan Blog, ou Un pedacito de cielo, que a diario ofrecen novas e orixinais recetas coas que entreternos cociñando xunto aos nosos. Están boísimas!
- Ler a túa revista favorita online. Grupos editoriais como Hearts España (que engloba revistas como Elle, Women’s Health, Casa Diez, etc.) o Prensa Ibérica (Stilo, Cuore, Woman, Viajar, entre outras) abriron de balde o seu catálogo para que non perdas ningún detalle.
- Empezar unha nova aventura a través dun libro – ou remata por fin ese que tes na mesa de
noite!-. Na GaliciaLe podes rexistrarte gratuitamente e acceder a libros electrónicos, audiolibros e audiovisuais. É un portal do Sistema Público de Bibliotecas de España, en concreto, este é o da Rede Autonómica de Galicia. - Manterte activo realizando unha actividade física dende casa. Perfiles de Instagram como o de Paula Ordovás ou L’Anatomie ofrecen circuitos de HIIT e ioga, respectivamente, todos os días para que nos podamos manter activos.
- Engánchate a unha nova serie ou disfruta vendo un filme. Plataformas dixitales como Netflix, HBO ou a recén estreada Disney+ ofrecen suscripcións de balde por un límite de tempo, non as deixes escapar!
- Ver ao teu artista ou grupo favorito en directo. Non os perdas de vista, porque a maioría están cantando e tocando en directo para os seus seguidores. Un espectáculo, e sen moverte da casa!
Continuamos o nóso #euquedonacasaChallenge, xuntos conseguirémolo! Porque sí, somos imparables.