Esta mañá tivo lugar, na sede de ASPACE Galicia, a firma do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a nosa Federación para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público de Galicia.

No día de hoxe Jesús Vázquez Amuiña, Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e Mónica Toriño Soto, Presidenta da Federación ASPACE GALICIA procederon á firma do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Federación para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público de Galicia.

O acto que se produciu na sede de ASPACE en Pontevedra, asistiron os membros da Xunta Directiva da entidade e por parte da Consellería de Sanidade, Margarita Prado Vaamonde, Directora Xeral de Recursos Humáns do Sergas; Ángeles Feijjoo-Montenegro, Xefa Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra e Estrella López Pardo, Directora de procesos sen ingresos da EXOI.

Este convenio de colaboración vai a permitir que, nas convocatorias de emprego público dirixidas á personas con discapacidade intelectual,   Federación ASPACE GALICIA,  a través do seu programa de Emprego e Formación, poida asesorar e acompañar ás persoas con parálise cerebral e aos técnicos da propia Consellería en cuestións que sexan precisas ao longo do proceso.

Os membros da Xunta Directiva de ASPACE GALICIA aproveitaron a oportunidade desta reunión cos responsables da Consellería de Sanidade, para trasladar aquelas demandas do colectivo das persoas con parálise cerebral do ámbito da saúde. Hai que recordar que o noso colectivo ten importantes necesidades de carácter sanitario. Entre as cuestións transmitidas ao Conselleiro de Sanidade están temas como:

  • Favorece-la prescripción de vídeofluoroscopias ás persoas con parálise cerebral con dificultades de deglución.
  • Favorece-la prescripción de cadeiras de rodas eléctricas para aquelas persoas con parálisis cerebral que, sen ter capacidade suficiente para o seu manexo, por circunstancias familiares ou sociais, o dispor de elas melloraría a calidade de vida da estructura familiar.
  • Mellora-la accesibilidade dos servizos sanitarios para as persoas con grandes necesidades de apoio do noso colectivo.
  • Mellora-la atención temperá.

Dende ASPACE GALICIA agradecemos a disponibilidade e accesibilidade dos responsables da Consellería.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp