Federación ASPACE-Galicia súmase ó Día Internacional da Muller buscando unha vez máis dar visibilidade o colectivo de persoas con parálise cerebral da Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta ocasión, as mulleres ASPACE serán as protagonistas dunha campaña en favor da sensibilización social, que pon foco nas historias persoais que constrúen o movemento ASPACE.

Carmiña, Chelo, Elisa, María e Pilar son 5 exemplos de valentía e determinación na súa loita polos dereitos e igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral. Todas elas comprometidas en acabar cos prexuízos sociais, e ser parte activa da súa comunidade.

Carmiña é a nosa primeira testemuña ASPACE. Dende o ano 2000 en ASPACE Coruña é a veterana da institución. A xardinería e a costura son as súas actividades favoritas, sempre disposta a botar unha man co xardín da asociación. Participa en Autoxestores, a revista e o taller de barro. O seu irmán Xaime é membro da Xunta Directiva e forma parte da Tuna de Veteranos.

Nos anos 70 Chelo, a nosa segunda testemuña, formou parte do grupo de pais e nais que impulsaron ASPACE-Coruña nunha época sen recursos, públicos ou privados, para as persoas con parálise cerebral. Viaxaron á Expo de Sevilla, a competicións deportivas… Todo para que os seus fillos e fillas, gozaran dunha vida plena e feliz. Por aquel tempo acompañáballes tamén Eulogio López, agora xerente da asociación, e conseguiron facer visible a parálise cerebral á sociedade.

A terceira testemuña ASPACE é a de Elisa, nai traballadora e nai e filla de persoas dependentes. O seu fillo Alvarito, con parálise cerebral, acude ó Centro Educativo de Amencer-ASPACE. Ela reinventase cada día ademais de vivir sen pensar no mañá, e da gracias tódolos días polo que ten. Solo pide un camiño con menos obstáculos ademais dunha sociedade máis empática. “Teño que dar o 110% de min cada día e confeso que me entrego sen reservas. Axúdame o pensar que, aínda que o horizonte aparece cheo de nubes, o sol sae cada día”, Elisa.

María, con parálise cerebral, é a nosa cuarta testemuña ASPACE. Membro de APAMP-Vigo o seu pai e a súa nai levábana ó colexio nunha cadeira de madeira, e non foi ata 1996 que comprou a súa primeira cadeira de rodas eléctrica. Gracias ó autobús adaptado e a súa cadeira non depende de ninguén, o que lle brinda unha maior autonomía. A súa vida cambiou dende que Maite a levou ó taller dunha amiga: “Fíxenme artesán e a miña vida cambiou para ben. Un hotel en Vigo encargoume 150 maceteros de parede, de algodón, para os mundiais de 1982. A partir de aí empecei a vender e facer exposicións”, relátanos María.

Pilar é a quinta e derradeira testemuña ASPACE. Ata os oito anos recibiu clases dunha mestra na súa casa,u casa, logo a admitiron no colexio e con posterioridade no instituto feminino. O recorda coma unha etapa dura, na que recibía comentarios dolorosos a diario. Alcanzou moi boas notas no selectivo, pero non puido acudir á universidade por circunstancias familiares. Segue loitando en APAMP Vigo cada día… “Agora escribo e pinto o que quero e o que podo e seguirei”.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp