O 4 de outubro con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral, Federación ASPACE-Galicia e as súas entidades membro únense á campaña que Confederación ASPACE pón en marcha co lema “Atrévete a conocerme”,  realizando unha intervención urbana que de forma simultánea e coordinada desenvolveuse en diversas cidades de Galicia para conseguir que a ciudadanía se atreva a coñecer ás persoas con parálise cerebral.

A partir das 11:30 horas, na Praza de A Peregrina en Pontevedra estivo presente Amencer- ASPACE. A entidade levou a cabo unha obra de arte colectiva coa participación da ciudadanía. A actividade consistía en crear unha pintura sobre unha tela blanca empregando como medio creador da obra, tres cadeiras de rodas eléctricas nas que podían sentarse os transeúntes. Acudiron ao evento, Anxos Riveiro, Concelleira de Servizos Sociais; Digna Rivas, Diputada de Cohesión Social e Xuventude; así como os colexios Praza de Barcelos e Doroteas de Pontevedra.

A cidadanía podía sentarse a charlar cos usuarios de ASPACE e deixar constancia por escrito dos seus desexos para o colectivo. A continuación, tivo lugar a lectura do manifiesto coa participación das persoas coa parálise cerebral. A entidad Amencer, tamén estivo presente na Plaza de Galicia en Vilagarcía que contou coa presenza do alcalde, Alberto Varela; e a Concelleira de Servizos Sociais, Tania García.

A asociación ASPACE-Coruña estivo na Praza de García Hermanos en Betanzos. Acudiron á cita, o Presidente do Cermi Galicia, Iker Sertucha; o alcalde de Betanzos, José Ramón García Vázquez; os alumnos do CEIP Vales Villamarín de Betanzos e o Centro Pai Menni. Irmás Hospitalarias. Entre as actividades previstas colorearon un mural coas personas con discapacidade.

Os nosos compañeros de APAMP- Vigo atopábanse diante do MARCO (Museo de Arte Contemporáneo). Ao acto asistiron Santos Héctor, responsable do Área de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación Sindical; e Elena González, representante do Partido Popular en Vigo. Nas diversas cidades de Galicia onde transcurriron os eventos polo Día Mundial da Parálise Cerebral, as personas con discapacidade transmitiron varias mensaxes clave para que a cidadanía coñeza como se debe interactuar con eles.

En Lugo, congregáronse os profesionais e os usuarios de ASPACE-Lugo, que se sumaron á campaña “Atrévete a conocerme”. Unha iniciativa que invitaba á cidadanía a coñecer e achegarse ás personas con parálise cerebral. O evento que permite visibilizar a realidade do colectivo, axuda a sensibilizar á sociedade sobre a importancia de normalizar o trato hacia as personas con discapacidade.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp