A exposición, que por oitavo ano consecutivo percorre diferentes entidades ASPACE, ten como obxectivo continuar co labor de sensibilización e visibilización das persoas con parálise cerebral na sociedade.

A mostra abrirá as súas portas o vindeiro  dia 9 de xullo no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra e poderá visitarse ata o día 19 dese mesmo mes.

Esta nova edición que se compón de 30 instantáneas en branco e negro do fotógrafo Chomi Delgado está dividida en tres temáticas: amizade, vida en parella e procura da familia. Nelas, o artista tratou de plasmar a naturalidade das relacións persoais entre persoas con parálise cerebral buscando historias que se complementan entre si e nas que os seus protagonistas buscan ser aceptados e xamais xulgados.

O obxectivo é transmitir a vida cotiá no día a día, resaltar as capacidades do colectivo e potenciar a imaxe das persoas con parálise cerebral como cidadáns/ as de pleno dereito percorrendo toda España a través das entidades ASPACE.

Durante a pasada edición a mostra visitou 16 cidades recibindo un total de 180.00 visitantes.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin