{slider Que é ASPACE-Galicia e cal é a súa finalidades?}        A Federación ASPACE-Galicia é a Federación Galega de Parálise cerebral e/ou patoloxías Afíns, e ten por finalidade acadar a coordinación e cooperación entre asociacións de paralise cerebral e outras entidades, de xeito que a unión e forza das mesmas acade a igualdade de oportunidades das persoas com paralise cerebral.

{slider Dende cando existe?}
A Federación ASPACE-Galicia nace en Sanxenxo (Pontevedra) o 19 de xullo de 1999.

{slider Cales son as asociacións que forman ASPACE-Galicia?}
Son cinco: Amencer-ASPACE en Pontevedra, APAMP en Vigo, ASPACE-Coruña en A Coruña e ASPACE-Lugo en Lugo.

[Meter enlace á sección asociacións]

{slider Como podo contactar con ASPACE-Galicia?}
Na nosa sede: Centro Cultural de Santa María de Xeve. A igrexa s/n, Santa María de Xeve. CP: 36.151, Pontevedra
No teléfono: 986 879 967
Vía correo electrónico: info@aspacegalicia.org
A través da nosa web: www.aspacegalicia.org

{slider Existe ASPACE noutros sitios?}
Existen 73 entidades en España que pertencenn á Confederación ASPACE. Se desexas consultar onde están e que fan, podes facelo a través do seguinte enlace: http://www.aspace.org/contacto/donde-estan-nuestras-entidades

{slider Cales son os servizos que ofrece a Federación ASPACE-Galicia?}
A carteira de servizos da Federación ASPACE-Galicia consta dos seguintes:

Atención á demanda: proporcionar información e asesoramento ás familias, usuarios e asociacións.

Programa de Emprego e formación de persoas con parálise cerebral: facilitar a integración socio-laboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns.

Plan de formación profesional para directivos e  técnicos: cursos de balde, orientados específicamente á atención de persoas con parálise cerebral.

Mantemento: de infraestruturas e tecnolóxico para todas as entidades membro.

Transporte adaptado: xestión directa, por parte das entidades federadas, dos vehículos dos que dispón ASPACE-Galicia.

Marketing e comunicación: favorecer os procesos de comunicación e a visibilidade e promover a captación de recursos e a detección de novos proxectos.

Equipos técnicos: equipos de traballo que se constitúen coa finalidade de traballar temas concretos.

{slider Como podo acceder ao servizo de emprego e formación de ASPACE-Galicia?}
Para acceder ao servizo de emprego e formación que ofrece a Federación ASPACE-Galicia é preciso solicitar no Servizo Público de Emprego unha cita de orientación para este centro en específico.

{slider Como podo ser voluntario de ASPACE-Galicia ou dunha das súas asociacións?}
Podes facelo enviándonos o teu interese, iniciativa ou dispoñibilidade ao correo electrónico info@aspaceglicia.org.

{slider Como facer para traballar en ASPACE?}
Se desexas traballar na Federación ASPACE-Galicia, déixanos o teu currículo (nome da sección ) e teremos en conta a túa solicitude en caso de contar cun posto vacante que se axuste ao teu perfil.

{slider Que é a parálise cerebral?}
A parálise cerebral é un trastorno global da persoa consistente nunha desorde permanente e non inmutable do tono, postura e o movemento, debido a unha lesión non progresiva no cerebro antes de que o seu desenvolvemento e crecemento sexan completados. Esta lesión pode xerar alteración doutras funcións superiores ou interferir no desenvolvemento do sistema nervioso central.

{slider Cantas persoas con parálise cerebral hai en Galicia?}
A frecuencia da parálise cerebral oscila arredor dos 2,4 casos por cada 1.000 nenos nacidos e, nos nenos moi prematuros, estas cifras aumentan a 40-100 por cada 1.000 casos.

Calcúlase que en Galicia existen arredor de 11.470 persoas con parálise cerebral. No conxunto de España, estímase que a cifra ascende ás 191.313 persoas.

{slider Onde podo atopar información sobre a parálise cerebral?}
Recomendámosche que visites a sección ( Parálise cerebral ) da nosa web ou ben na web da Confederación Española de Parálise Cerebral.

{slider Onde podo atopar información sobre os dereitos das persoas con parálise cerebral?}
O principal documento é a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Podes consultala aquí (enlace á sección de docs da nosa web) ou na web das Nacións Unidas.

Podes consultar máis documentos xurídicos internacionais aquí. Na web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade tamén atoparás información sobre discapacidade.

{/sliders}

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp