O encontro do Movemento ASPACE 2025 reuniu en Badajoz a máis de 400 persoas entre profesionais, familias e persoas con parálise cerebral de toda España. Durante o acto inaugural, Manuela Muro, presidenta de Confederación ASPACE, reivindicou unha Estratexia Estatal para as Grandes Necesidades de Apoio. O evento contou coa participación de autoridades locais e autonómicas que reafirmaron o seu compromiso cos dereitos das persoas con parálise cerebral.
Compromiso institucional no Encontro do Movemento ASPACE 2025
O secretario de ASPACE Badajoz, Fernando María de Soto, destacou a próxima apertura de dúas vivendas inclusivas para fometnar a vida independente. A conselleira de Saúde e Servizos Sociais, Sara García, anunciou a financiación das mesmas por parte da Xunta de Extremadura.
Pola súa parte, o alcalde de Badajoz; Ignacio Gragera, subraiou a importancia da colaboración entre entidades, empresas e administracións.
Reflexión e coñecemento no Encontro do Movemento ASPACE 2025
O programa incluía a ponencia marco “Unha estratexia para as Grandes Necesidades de Apoio”, centrada en visibilizar os dereitos das persoas con parálise cerebral. Tamén se desenrrolou unha mesa internacional con experiencias de vida independente de Argentina, Máxico, Dinamarcar e Portugal.
Presenza galega no Encontro do Movemento ASPACE 2025
ASPACE Galicia estivo representada por Conchi Somoza, Ricardo Iglesias, Fernanda Arrojo, Ignacio Pérez e Mónica Touriño que compartiron experiencias e estratexias de apoio entre as diferentes entidades de ASPACE que acudiron ó encontro. 
Conclusión
O evento consolidou a Badajoz como punto de encontro do movemetno asociativo pola inclusión, a dignidade e os dereitos das perspas con parálise cerebral,



