7.816 menores con discapacidade e grandes necesidades de apoio, entre os que se atopan nenos, nenas e rapaces/zas con parálise cerebral, beneficiaranse desta medida na Comunidade Autónoma Galega

Desde o pasado 1 de xaneiro de 2021, as persoas menores de 18 anos con discapacidade recoñecida igual o superior ao 33% quedan exentas de realizar aportacións económicas na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde, tal e como dispón a Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Entre estes menores atópase un importante número de nenos, nenas e xovens con parálise cerebral e outras discapacidades afíns.

Esta medida do Goberno responde a unha proposta realizada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) co apoio do Movemento ASPACE.

A exención do copago farmacéutico para estes casos vai supoñer un alivio económico para milleiros de familias que se enfrontan a un sobrecusto que pode chegar ao 40% respecto a familias que non teñen ningún membro con discapacidade. Unha gran maioría deste menores precisa dun importante número de medicamentos no seu día a día, polo que eximirlles do copago farmacéutico vai alixeirar en parte a súa situación económica, mellorando o acceso a produtos esenciais para o tratamento e curación de enfermidades e patoloxías, relacionadas ou non coa súa discapacidade.

Xestión de reembolsos

No que atinxe á tramitación da exención deste copago farmacéutico, actualmente Ministerio e Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) están traballando para que se produza a identificación dos novos colectivos exentos no sistema de información da tarxeta sanitaria, de xeito que, cando o/a usuario/a vaia á farmacia, non teña que realizar ningunha aportación ao aparecer xa identificado/a como exento de aportación.

Para que isto sexa posible, é preciso realizar unha carga masiva de datos no sistema. Arestora, xa se produciron algunhas cargas parciais, pero é posible que, a 1 de xaneiro de 2021, as persoas do novo colectivo exento aínda teñan que realizar copagos.

Para estes casos, será a propia administración da comunidade autónoma a que deberá xestionar o reembolso das aportacións realizadas.

Máis información na seguinte enlace ligazón:

https://www.cermi.es/es/actualidad/noticias/el-cermi-considera-como-medida-con-gran-impacto-social-la-exenci%C3%B3n-del-copago.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp