Os pasados días 22, 24 e 28 de outubro tiveron lugar as 3 semifinais do noso V Concurso de Cociña “En Aspace cociñamos xuntos” en Vigo, Pontevedra e Coruña respectivamente. Cun total de 23 grupos en competición, todos os participantes presentaron riquísimas propostas gastronómicas nalgunha das dúas categorías a concurso: formato tradicional e formato triturado/ texturizado.
Laura, Yoha, Gonzalo, Marta e Nacho serán os representantes de Apamp Vigo; Vicky, Candela, Miriam, Esteban, David e Bego acudirán por parte de Amencer-Aspace e Daniel, Jose Luís, María, Lucía e Conchi farano como membros de ASPACE Coruña.
A Gran final, que terá lugar o próximo día 5 de novembro no Pazo Os Escudos de Vigo, contará cun xurado de excepción que inclúe a Pepe Solla, do Restaurante Solla; Rafa Centeno, do Restaurante Maruja Limón; Alberto G. Prelcic, do restaurante Silabario e a Marco e Ana de La cocina es Vida.
Un ano máis a creatividade, autonomía e responsabilidade das persoas con parálise cerebral foméntanse nesta actividade en familia que busca non só visibilizar as súas capacidades senón tamén promover a realización de actividades conxuntas que reforcen o vínculo afectivo entre os participantes.
Non podemos esquecernos dos nosos patrocinadores: Aceites Abril, Escuela Naval Militar, Anfaco Cecopesca, O Submarino Alta Conserva, Porto Muiños, Gadis, Galifresh, Productores de Galicia, Grupo Nove cociñeiros, La Cocina es Vida, Bolboretas no bandullo, Lago Alimentación, Centro Comercial Gran Vía de Vigo y Xunta de Galicia – Consellería de Política Social. Grazas.