Xa temos gañador do VI Concurso de Tarxetas de Nadal da Federación ASPACE Galicia.

As votacións realizáronse a través das papeletas que estaban a disposición dos usuarios e usuarias que forman parte das Asociacións de Federación ASPACE Galicia (Apamp, Amencer Aspace e Aspace Coruña) e da Páxina de Facebook de Federación ASPACE Galicia.

O GAÑADOR foi Francisco Méndez Souto, usuario de ASPACE Coruña. ¡MOITAS FELICIDADES!

A súa tarxeta de Nadal será utilizada por Federación ASPACE Galicia para felicitar as festas a todas as persoas que forman parte desta rede: Usuarios e usuarias, familiares, profesionais, colaboradores e financiadores.

Moitas grazas a todos e todas as que participástedes no concurso, pois recibimos 67 traballos.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin