As primeiras tarxetas foron entregadas hoxe pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.  A Xerencia do Servizo Galego de Saúde enviou unha instrución a todos os seus centros sanitarios e ás unidades con responsabilidade no proceso de atención, coa declaración da parálise cerebral como patoloxía na que debe favorecerse a accesibilidade e o acompañamento.

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera entregou hoxe, nun acto que tivo lugar no Edificio Administrativo do Sergas, as tarxetas dobre AA (acompañamento e accesibilidade) aos representantes da Aspace (Asociación de País de Persoas con Parálise Cerebral) con motivo da conmemoración do ano galego de parálise cerebral.

No acto estiveron presentes, por parte da Consellería, ademais da conselleira, a secretaria xeral técnica, Josefina Monteagudo; así como a subdirectora xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, Mercedes Carreras. Por parte de Aspace asistiron o seu presidente, Eugenio López, e a xerente, Ana María Prieto. Tamén estiveron os tres primeiros pacientes de parálise cerebral aos que se lles entregou a tarxeta.

A tarxeta AA implica prioridade no acceso aos servizos sanitarios e que permite que os afectados estean acompañados por un familiar durante os procesos de atención sanitaria. Con esta medida, téntase mellorar a seguridade das persoas con parálise cerebral e diminuír o seu nivel de ansiedade durante os actos médicos. A tal efecto, a Xerencia do Servizo Galego de Saúde enviou xa una instrución a todos os seus centros sanitarios e ás unidades con responsabilidade no proceso de atención, coa declaración da parálise cerebral como patoloxía na que debe favorecerse a accesibilidade e o acompañamento.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp