A entrevista tivo lugar esta mañá na sede da Fundación Barrié  en A Coruña con motivo da conmemoración do Ano Galego da Parálise Cerebral

Dentro das actividades de conmemoración do Ano Galego da Parálise Cerebral, ASPACE-Galicia en colaboración con La Radio de los Gatos entrevistou esta mañá ao presentador da Televisión de Galicia, José Ramón Gayoso no seu proxecto “Diálogos nas ondas».

Trátase dunha serie de entrevistas con personalidades do mundo da política, da cultura e da sociedade galegas que se desenvolverán na sede da Fundación Barrié en A Coruña, que acolle unha exposición sobre a realidade do colectivo de persoas con parálise cerebral ata o vindeiro mes de outubro.

Xosé Ramón Gayoso conversou distendidamente cos locutores da Radio de los Gatos sobre a súa traxectoria como presentador do Luar, as anécdotas da súa profesión e outros aspectos da súa vida persoal, familiar e profesional. Gayoso mostrouse moi agradecido polo convite a participar desta iniciativa e por “amosarme mais de preto as capacidades das persoas con parálise cerebral e facerme partícipe da vosa realidade”. Así mesmo convidou aos integrantes da Radio de los Gatos a visitalo no Luar.

Estes diálogos iniciáronse conversando con Javier López, director xeral da Fundación Barrié o pasado mes de maio. Nos próximos meses pasarán polos seus micrófonos numerosas personalidades do mundo da política, cultura e sociedade galega, co obxectivo final de achegar á sociedade as capacidades das persoas con parálise cerebral, reivindicar a igualdade de oportunidades e implicar a diferentes axentes sociais e políticos na mellora da súa calidade de vida e a participación social.

Esta acción enmárcase dentro do programa de actividades da exposición “DIsCAPACIDAD! Un viaje por el universo de la parálisis cerebral” que acolle a Fundación Barrié na súa sede de A Coruña ata o vindeiro 12 de outubro.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp