A sede da Federación Galega de Parálise Cerebral, en Santa María de Xeve, acolle as probas correspondentes aos niveis 2 y 3

Dez usuarios de ASPACE-Galicia realizarán entre o mércores e o xoves as probas en competencias clave, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, e que permiten acceder ás persoas sen titulación á formación para o emprego asociada aos Certificados de Profesionalidade.

Estas probas darán comezo a partir das 10.00 horas na sede da Federación, na parroquia de Sta. María de Xeve, Pontevedra. Os usuarios da entidade terán que amosar os seus coñecementos en lingua castelá, lingua galega, matemáticas, tecnoloxía, ciencias e competencia dixital.

As competencias clave son contidos de formación básica que aseguran os coñecementos precisos para cursar con aproveitamento a formación para o emprego correspondente aos novos certificados de profesionalidade.

A superación destas probas de competencias clave permitirá aos usuarios da Federación ASPACE-Galicia acceder aos cursos de certificados de profesionalidade da Xunta de Galicia, que non poden cursar actualmente por non poder acreditar que dispoñen dunha formación básica para acceder aos mesmos.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp