O 6 de outubro celébrase o Día Mundial da Parálise Cerebral no mundo, unha cita que pon no centro as realidades, dereitos e reivindicacións das persoas con parálise cerebral e/o patoloxías afíns. En Galicia, as entidades referentes en parálise cerebral (APAMP, AMENCER, ASPACE Coruña e ASPACE Lugo) decidiron trasladar a celebración ao mércores 8 de outubro, cun calendario de actos que darán visibilidade ás demandas do colectivo.

Baixo o lema “Xa Toca”, as asociacións galegas uniranse á campaña estatal de Confederación ASPACE que esixe a posta en marcha dunha Estratexia Estatal para as persoas con grandes necesidades de apoio. Profesionais, familiares e persoas usuarias alzarán a voz en diferentes puntos da comunidade. Un movemento para lembrar que os recursos adecuados, a inclusión e o recoñecemento de dereitos non poden seguir esperando.

Desde a Federación ASPACE Galicia, en colaboración coas asociacións membro, reunimos as voces das persoas con parálise cerebral de Galicia coa lectura do manifesto estatal. Este vídeo recolle os puntos do manifesto contado polas persoas usuarias de ASPACE Galicia.

Manifiesto del Día Mundial de la Parálisis Cerebral 2025, leído por personas usuarias de ASPACE Galicia. #YATOCA

Hai unha semana, dábase por iniciada a campaña en redes sociais con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral. Cada publicación busca dar voz ás diferentes reivindicacións, como:

  • Xa toca unha Estratexia Estatal para as persoas con Grandes Necesidades de Apoio.
  • Xa toca construír un país no que todas as persoas vivan con dignidade.

É hora de alzar os timbres para chamar a súa atención e usar as nosas voces para ser escoitados.

#YaToca unha Estratexia Estatal.

Cartel Día Mundial da Parálise Cerebral

AMENCER-ASPACE

A poboación pontevedresa ten unha cita o 8 de outubro ás 11:00 horas na Praza da Peregrina. AMENCER-ASPACE, pon en marcha unha acción de rúa para celebrar o Día Mundial da Parálise Cerebral, que este ano encherá o espazo cunha timbrada especial.

Desde a asociación convidan a participar a todas as persoas que, ademais, poden achegarse cunha bucina, timbre ou calquera obxecto similar para unirse á timbrada. Unindo mil voces a unha mesma causa, fagamos ruído!

  • Lugar: Praza de la Peregrina.
  • Hora: 11:00
  • Actividades: Timbrada popular e lectura de proclamas baixo o lema “Xa Toca”

APAMP

A cidade olívica acolle o Día Mundial da Parálise Cerebral un acto convocado desde APAMP. O 8 de outubro ás 12:00 horas, darán comezo as diferentes actividades programadas polas persoas usuarias da entidade xunto cos profesionais e familiares.

ASPACE CORUÑA

Desde Coruña, concretamente Sada, o Día Mundial da Parálise Cerebral será acollido pola asociación de ASPACE Coruña. Desde o centro da cidade, as accións comezarán ás 12:00 horas, o 8 de outubro. Ademais, este ano ASPACE Coruña acolle o acto institucional onde contará coa presenza de Begoña Abeijón, Directora Xeral de Persoas con Discapacidade, na Xunta de Galicia.

  • Lugar: Sada, Avenida de Mariña, enfronte do edificio de La Terraza.
  • Hora: 12:00
  • Actividades: Timbrada popular en colaboración con colexios e entidades da contorna e lectura del manifesto.

Non esperes e úneche á acción! Un timbre, unha bucina, ti bicicleta ou unha app é suficiente para unirche ás nosas timbradas. Acompáñanos o mércores 8 de outubro en Vigo, Pontevedra ou Sada. Vémonos?

Campaña Estatal de ASPACE por el Día Mundial de la Parálisis cerebral

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp