Esta mañán, catro usuarios de Federación ASPACE-Galicia (Federación Galega de Asociacións de Atención á Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) realizaron na entidade as probas en competencias clave, que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria, e permiten acceder ás personas sen titulación á formación para o emprego asociada aos Certificados de Profesionalidade. A maiores, unha quinta persoa con parálise cerebral efectuó as probas en Silleda.
yyyyOs usuarios tiveron que demostrar os seus coñecementos en lingua castellán, lingua galega e matemáticas. As competencias clave son contidos de formación básica que aseguran os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento a formación para o emprego correspondente aos novos certificados de profesionalidade.
yyyyA superación das pruebas de competencias clave permitirá aos usuarios de Federación ASPACE-Galicia acceder aos cursos de certificados de profesionalidade da Xunta de Galicia, que non poden cursar actualmente por non poder acreditar que dispoñen dunha formación básica para acceder aos mesmos.
yyyyDende o Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE-Galicia trabállase por facilitar a integración sociolaboral das personas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns a través de itinerarios individualizados de orientación, prospección e acompañamento no posto de traballo necesarios para a súa incorporación ao mercado laboral.