Despois de pasar por Vigo e Coruña, a formación sobre “Alimentación segura e eficaz” organizada por Federación ASPACE GALICIA en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, chega agora a Ourense

Despois das sesións en Vigo e Sada (A Coruña) os nosos profesionais desprazáronse a Ourense, esta vez nas instalacións da Asociación AIXIÑA.  Logopedas, nutricionistas e fisioterapeutas das asociacións membro da Federación ASPACE GALICIA imparten esta formación presentando o tema da alimentación en persoas con parálise cerebral, con dificultades de deglución ou problemas de disfaxia, dende diferentes perspectivas profesionais así como  dende as súas diversas experiencias laborais. Coñecer qué é a disfaxia ou cómo texturizar un alimento son algunhas das claves que se desenvolverán durante a tarde.

Aínda hai dúas datas dispoñibles máis para participar nos obradoiros de Alimentación segura e eficaz, o 21 de febreiro en  Pontevedra (para este obradoiro xa non hai prazas dispoñibles) e Lugo o 28 de febreiro. Más información e inscricións: https://bit.ly/2tvVH4w

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp