A curtametraxe “Vuela alto” realizado por Federación ASPACE-Galicia en colaboración con APAMP  foi seleccionado como un dos catro finalistas para optar ao premio de mejor curtametraxe ASPACEFilm 2017, que organiza Confederación ASPACE. Dos catros proxectos, o galardón foi para o proxeecto “En pocas palabras“do director Guillermo Rivas.

A peza audiovisual “Vuela alto” céntrase na historia de Javier Fernández, usuario de APAMP, un exemplo de loita e superación. Co seu lema “A morte” propónse obxetivos que poden ser impensables e non se detén ata cumprir os seus soños. É o poder da libertade, de sentirse libre para decidir, para sentir, para voar. O equipo está formado por Sara Jessica Martinez Moure (cámara, sonido e montaxe), Iratxe Bolado (cámara e diseño gráfico), Inés Gomez Martínez (producción) e Julia Castro (guión, cámara e dirección).

A continuación, os amosamos a curta “Vuela alto”:

Parte do equipo de “Vuela alto” acudiu á gala dos premios que tivo lugar o mércores, 21 de xuño, no Cine Doré en Madrid. Durante o acto, conducida por Lorena García, presentadora de Antena 3 Noticias, pudiéronse ver as curtas finalistas en gran pantalla pola seguinte orde:  “Vuela alto” de Julia Castro, “En pocas palabras” de Guillermo Rivas, “Perspectiva” de Carmen Martín y Nuria Rey, e “Andrea” de Alejandro Álvarez.

Participaron no acto, a presidenta de Confederación ASPACE, Manuela Muro; o Director Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Borja Fanjul; o Director Rexional de MRW na zona centro, Alfonso Ruiz; a directora de marketing de 8Madrid TV, Ana Cadahía; o membro de ECAM distribución, Cristina Moreno; o responsable da productora audiovisual da Universidad Francisco de Vitoria, Patricia Beleña; e o cofundador de Filmin, José Antonio de Luna.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Whatsapp
Whatsapp