O 18 de xuño, Vigo acollerá a III Marcha sobre rodas organizada por Federación ASPACE-Galicia en colaboración con APAMP
Bicicletas, triciclos, patíns, cadeiras de bebé, cadeiras de rodas en definitiva, calquier vehículo a rodas sen motor, éste é o único requisito para participar na terceira edición da Marcha sobre rodas ASPACE. Os interesados poderán anotarse ata o xoves, 15 de xuño, cubrindo un formulario de inscrición no seguinte enlace. As persoas que se inscriban por esta vía recibirán o día que recollan o seu dorsal unha camiseta e unha mochila da marcha. No caso de que non podas apuntarte nestas datas, o mesmo día da actividade poderás anotarte de 10 a 11:45 horas no Pabellón Pablo Beiro, sen embargo a organización non poderá segurar que as camisetas e as mochilas sexan suficientes para as novas inscricións.
O percorrido con 3,6 kilómetros comezará ás 12 horas dende o Pabellón Pablo Beiro en Bouzas. As bicicletas que o desexen, tenrán unha distancia adicional que se ampliará ata os 10 kms. A meta será no Museo Verbum, despois haberá a lectura dun manifiesto no que usuarios das entidades de ASPACE-Galicia reivindicarán os seus dereitos como cidadáns de pleno dereito e a igualdade de oportunidades e a accesibilidade serán os verdadeiros protagonistas.
Para finalizar o día de convivencia, haberá sorteo de regalos e comida gratuíta. Contarase coa presencia do padriño da proba Simón González, 13 veces campeón do mundo de kickboxing, o presentador humorista Pablo García “Chichas” e para amenizar a xornada, a Charanga Alambique. Como broche final, un autobús de Vitrasa recollerá de maneira gratuíta aos conductores que aparcaron o seu vehículo nas inmediacións do Pabellón Pablo Beiro para que non teñan que recorrer novamente a distancia da Marcha.
RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais comezará o sábado, 17 de xuño, de 17:30 a 20:30 horas na SALA II do Centro Social Afundación en Vigo (entrada pola Calle Velázquez Moreno) ou o mesmo día do evento, o domingo 18, no exterior do Pabellón Pablo Beiro a partires das 10 horas ata as 11:45.
A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Consellería de Política Social, Ministerio de Sanidad, Gadis, Carrefour, Hijos de Rivera, Frutas San Román, Cibus Navia, Dulce Sol, ANFACO-CECOPESCA, Coca Cola, Máis que auga, PRIM Clínicas Ortopédicas, FisioNavia, Fisioterapia Pablo Losada Crespo, Salud Vasalo, Asador Soriano, Pazo Los Escudos, Tórculo Comunicación Gráfica, Construcciones Piñeiro, Ekipo, Fundación Celta, Bici o Con, Cadena Ser Vigo, Vitrasa, de ‘La Caixa’, os voluntarios de Club Atletismo Vigo e Fundación Vide del Concello de Vigo.
Ante calquera dúbida contacten no correo electrónico marchasobrerodas@aspacegalicia.org, así como no teléfono 986.87.99.67 (en horario de 9:00 a 15:00 horas).