En 2005 nace o programa de Emprego e Formación co obxetivo de facilitar a integración socio-laboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns. Os profesionais de Federación ASPACE-Galicia traballan a través da atención personalizada e o acompañamento da persoa dende que se incorpora ao programa ata que logra unha plena autonomía no seu posto de traballo.
Queres coñecer os puntos clave desta iniciativa?
Dende o comezo terás o acompañamento do servizo de orientación. Será o teu guía hacia os recursos de capacitación e axudarante tanto no proceso de búsqueda de traballo, cando obteñas o emprego de acordo co teu perfil e incluso, despois do periodo de contratación. Ademáis, poderás acceder aos servizos que ofrece o Servizo Público de Emprego de Galicia, xa que nós formamos parte do Centro Especial en materia de Información, Prospección e Búsqueda de Emprego (Servizo IOBE).
A formación para o emprego é unha ferramenta fundamental para favorecer a inserción laboral das persoas con parálise cerebral. Ofrecemos formación para que podas conseguir as competencias clave que te permitirán acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 ou 3. Ademáis, buscamos accións de formación adaptadas e accesibles a cada persoa, ou ben organizamos accións específicas de formación que respondan ás necesidades detectadas.
Un exemplo, sería o curso de auxiliar conserxe, que ten como obxetivo dotar aos alumnos/as dos coñecementos necesarios para que desempeñen as funcións dun ordenanza/conserxe e mellorar a súa inserción laboral e social. O mostramos nun vídeo!
Entre a oferta formativa, os profesionais de ASPACE-Galicia axudan na preparación de oposicións, dado que as administracións públicas reservan prazas para persoas con discapacidade intelectual dentro da súa Oferta Pública de Emprego. A continuación, presentámoste a Aarón, que comenta cómo está sendo a súa experiencia preparando oposicións con nós.
A maiores, dende Federación ASPACE-Galicia terás a posibilidade de acceder ao Emprego con Apoio, onde contarás cunha preparadora laboral, mediante un entrenamiento individualizado te apoiará para lograr a maior autonomía no teu posto de traballo. Sensibilizar ás empresas para que adapten os postos laborais aos empregados con discapacidade é necesario para que tódalas persoas podan acceder ao trabajo en igualdade de condicións.
Para finalizar, presentámoste a Isa Nieto, traballadora de APAMP que accedeu ao posto de traballo mediante o servizo de emprego con apoio.
Necesitas orientación e asesoramento?
Podes contactar con nós no correo electrónico orientacion@aspacegalicia.org
Se o prefires, chámanos ao 986.879.967 ou no 665.735.600, tamén podes localizarnos en Praza 8 de Marzo, nº 1 – 1º, en Pontevedra.