ASPACE Lugo nace no ano 1994 e desde 1996 é Entidade Prestadora de Servizos Sociais da Xunta de Galicia
O Presidente de Confederación ASPACE, Jaume Marí Pàmies xunto ao xerente da entidade, Andrés Castelló reuníronse onte con membros da Xunta Directiva de Federación Aspace Galicia e coa Presidenta de ASPACE- Lugo para establecer novas vías de colaboración e promover proxectos de futuro para a asociación
Aspace Lugo
A Asociación de Nais e Pais de menores afectados por Parálise Cerebral da provincia de Lugo (ASPACE- Lugo) é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en Lugo no ano 1994. Nace como reacción dun grupo de nais e pais preocupados polas carencias sanitarias da súa cidade. Despois de analizar as posibilidades de contribuír á integración dos seus fillos/as afectados por PC, deciden constituírse en asociación co fin de poder sensibilizar ás Administracións e poder materializar os seus obxectivos: promover o desenvolvemento integral de nenos/as, pais e familiares coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida, defendendo así, os dereitos que a Constitución Española de 1978 e as Leis de SS.SS da comunidade autónoma garántenlle.
Desde o ano 1996 é Entidade Prestadora de Servizos Sociais da Xunta de Galicia o que nos acredita unha experiencia dilatada na prestación de servizos e programas de atención específica e especializada para os afectados por PC e enfermidades afíns.
En actualidade ASPACE-Lugo está inscrita na Federación Galega de Parálise Cerebral e na Confederación Española de Federacións e Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e Afíns formando parte da maior plataforma dentro do movemento asociativo de apoio ás persoas con parálise cerebral e ás súas familias.