Comezou o curso de Conserxería organizado por Federación ASPACE-Galicia, onde 13 alumnos con parálise cerebral recibirán formación laboral
O pasado 21 de xaneiro non foi un martes calquera. Daba comezo unha das formacións máis esperadas do ano, de Conserxe. Cunha duración de 180 horas, o obxectivo principal deste curso é formar aos usuarios de APAMP nas tarefas de conserxería e recepción. Deste xeito, nun futuro próximo poderán ocuparse desa labor na entidade.
Os trece alumnos, procedentes tanto da Residencia como do Centro de Día, estarán ata o 3 de abril no Centro Residencial Navia (Vigo), momento no que recibirán un diploma da formación realizada. Hai que engadir que este curso de formación está financiado pola Fundación ONCE.
Con esta acción formativa, pretendemos dotar aos estudantes dos coñecementos técnicos e das competencias profesionais necesarias para que desempeñen adecuadamente as funcións dun ordenanza/conserxe e mellorar así as súas posibilidades de emprego e integración social.
A acción formativa forma parte do Programa de Emprego e Formación que dende 2006 leva a cabo Federación ASPACE Galicia. O obxectivo é a integración sociolaboral das persoas con parálise cerebral e / ou patoloxías afíns no mercado laboral ordinario.