O curso “Alimentación segura e eficaz en persoas con parálise cerebral” é realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns
En Apamp realizouse a nosa primeira sesión da actividade formativa “Alimentación segura e eficaz en persoas con parálise cerebral” realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns.
Con poñentes abordando a temática dende as súas diferentes perspectivas profesionais, os asistentes puideron afondar sobre aspectos nutricionais da alimentación, postura, hidratación e hixiene bucal. Para terminar, unha degustación de alimentos texturizados.
A próxima sesión, que se realizará en Sada o vindeiro 14 de febreiro, xa ten todas as súas prazas cubertas. Nembargantes aínda están abertas as convocatorias de Ourense, o 18 de febreiro; Pontevedra, o día 21 e Lugo o día 28 do mesmo mes.
No seguinte enlace podes realizar a inscrición e coñecer máis concretamente horarios e datas: