ASPACE-Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, da Consellería de Sanidade organiza unha serie de actividades de formación sobre alimentación segura e eficaz para persoas con parálise cerebral

Unha elevada porcentaxe de persoas con parálise cerebral de ASPACE-Galicia ten dificultades de deglución ou disfaxia (dificultade para a deglución nunha persoa, resultante dunha lesión ou enfermidade neurolóxica). Este feito non só impide a introdución de novos sabores, texturas e alimentos, se non que tamén presenta dificultades respiratorias, dixestivas, físicas e psicolóxicas.

Por iso, dende as entidades ASPACE levamos traballando, dende hai anos, no desenvolvemento de experiencias pioneiras no uso de alimentos texturizados para mellorar a seguridade e eficacia da alimentación en persoas con parálise cerebral con problemas de disfaxia e así, favorecer que a comida sexa un momento de goce e desfrute para todos. Desde Confederación ASPACE, da que forma parte ASPACE-Galicia, tamén se está apostando por proporcionar formación, información e equipamentos para promover a incorporación da texturización de alimentos para persoas con parálise cerebral con problemas de disfagia.

Desde ASPACE-Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, organizamos unha serie de actividades de formación sobre Alimentación segura e eficaz para persoas con parálise cerebral que se celebrarán durante o mes de febreiro en Vigo, Sada, Ourense, Pontevedra e Lugo.

Nestas formacións abordarase este tema desde diferentes perspectivas profesionais: logopedia, nutrición, fisioterapia, … afondamento en temas como os aspectos nutricionais da alimentación, importancia da postura e posicionamento, hidratación ou hixiene oral. A formación rematará cun módulo dedicado a alimentos texturizados e unha pequena degustación na que pode probar algúns deles.

As formacións organizaranse nos seguintes lugares e horarios:

VIGO

  • 7/02/2019 De 10:00 a 14:00 horas
  • 7/02/2019 De 16:00 a 20:00 horas

SADA

  • 14/02/2019 De 16:00 a 20:00 horas

OURENSE

  • 18/02/2019 De 16:00 a 20:00 horas

PONTEVEDRA

  • 21/02/2019 De 16:00 a 20:00 horas
  • 26/03/2019 De 10.30 a 14.30 horas

LUGO

  • 28/02/2019 De 16:00 a 20:00 horas

Na seguinte ligazón podes facer a inscrición

https://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?Idioma=es&idioma=ga&IdPaxina=70512

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp