O 20 de outubro Coímbra celebrou o Día Nacional da Parálise Cerebral, cux organización recae na Asociación de Parálise Carebral de Coímbra (APCC) e a Federación das Asociacións Portuguesas de Parálise Cerebral (FAPPC)

Para o encontro levouse a cabo un Seminario Internacional que promove o debate e a partida de coñecemento sobre diferentes temas de relevancia para toda a comunidade ligada á parálise cerebral. A iniciativa ocurreu no Auditorio do Conservatorio de Música de Coímbra, iniciando ás 9:15 horas.

Ó redor das 16:00 horas, finalizaba o Seminario Internacional coa ceremonia conmemorativa do Día Nacional da Parálise Cerebral, que contou coa presenza da secretaría do Estado de Acción Social e Inclusión, Clara Marques Mendes.

O Seminario reuniu a especialistas de Portugal, España e Canadá, que participaron en diferentes experiencias e perspectivas sobre o impacto da parálisce cerebral e os avances en rehabilitación e inclusión. Entre os oradores invitados ecnóntrase Nacho Pérez Figueroa, xerente da Federación ASPACE Galicia..

O Seminario Internacional acolleu tamén a celebración dos 50 anos de APCC

Coímbra y Galicia

A intervención de Nacho P., xirou entorno ó ‘Estudo do porceso de envellecemento en persoas con parálise cerebra‘. O estudo, iniciado en 2019, sairía á luz no ano 2024 tras unha extensa recollida de datos. Participaron nel as persoas con parálise cerebral do Movemento ASPACE maiores de 35 anos.

Un total de 877 persoas pertencentes a 37 entidades ASPACE participaron no estudo.

Entre as metas do estudo podemos destacar:

  1. Definir o perfil das persoas con parálise cerebral no proceso de envellecemento.
  2. Identificar os sinais do proceso de envellecemento.
  3. Analizar a situación da unidade familiar.
  4. Avalar a autonomía e a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e das súas familias.
  5. Identificar as necesidades e avalar os servizos e recursos dispoñibles.

Os participantes comparten un mesmo patrón de preocupacións destacando a soidade e a perda da familia. Estas forman parte dun conxunto maior de inquietudes perfectamente ligadas, de maneira que, unha desemboca na outra.

Cos datos de Estudo, búscase capacitar ós porfesionais no uso da ferramenta para o rexistro de datos sobre envellecemento. Ademáis de continuar con estudo lonxitudinal sobre o proceso de envellecemento en persoas con parálise cerebral.

Portugal e España tenderán unha pnte de colaboración a través de OIR (Observatorio Ibérico de Residencias de Parálisis Cerebral). Formado por cinco entidades de Portugal e dúas de España, varios profesionais especializados/as en diferentes áreas, centrándose no traballo en catro temáticas fundamentais: Saúde, Políticas Sociais, Dereitos e Autonomía Persoal.

Galicia e Portugal comparten inquietudes e unen forzas pola creación de espazos seguros e a defensa dos dereitos das persoas con parálisce cerebral.

Intervención de Nacho en Coímbra por el Día Nacional de la Parálisis CerebralIntervención de Nacho P.F. durante el Seminario Internacional de Coímbra.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp