O servizo residencial para persoas con parálise cerebral e afíns é un servizo social especializado de convivencia, temporal ou permanente, co obxectivo de ofrecer unha vida o máis normalizada posible aos usuarios.
Este servizo está destinado a garantir o aloxamento, manutención e prestación dunha atención integral ás persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns, que polas súas características precisan dun apoio persoal para realizar as actividades da vida diaria. Este servizo pretende cubrir as necesidades das persoas e situación de dependencia, prestando os apoios precisos para o desenvolvemento das ABVD (actividades básicas da vida diaria), na promoción da autonomía e o apoio e coordinación coas familias.
No centro residencial Navia é un recurso da entidade, que está situado nunha zona da cidade na que as rúas son accesibles, con transporte urbano, cerca do centro de día e ocupacional da entidade.
Contacto
Enderezo: Rúa Pedra Seixa s/n, Vigo. 36212 Pontevedra
Teléfono: 986 616 045
Correo electrónico: apamp@apamp.org
Centro de día APAMP
Centro especializado de atención diurna con funcións terapéuticas e asistenciais (atención rehabilitadora, habilitación persoal e social), dirixido a persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns. No centro de día préstase apoio permanente a todos os usuarios para o desenvolvemento de habilidades persoais e sociais, coa fin de acadar o mellor grao de autonomía persoal e integración social.
Conta cun total de 50 prazas, destinadas a usuarios maiores de 16 anos. O horario do centro é de 9.00 a 17.00 horas de luns a venres. De 17.00 a 19.30 horas realízanse actividades complementarias que se programan en función das demandas de familias e clientes (teatro, ximnasia, mantemento…)
Contacto
Enderezo: Rúa Miguel Hernández, 1, Vigo, 36.210, Pontevedra
Teléfono: 986 85 76 80
Correo electrónico: direccion.pontevedra@amencer-aspace.org
Centro ocupacional APAMP
Centro especializado de atención diurna, aberto e polivalente, dirixido a lograr a integración socio-laboral dos seus usuarios mediante a realización de activisdades capacitadoras e teraopéuicas de formación ocupacional pre-laboral e o desenvolvemeto de habilidades persoais e sociais. Promóvese o desenvolvemento integral das persoas con parálise cerebral e patoloxías afíns, para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociadade. Proporciónanse os servizos precisos para o desenvolvemento dos usuarios, desde unha participación plural e en igualdade de oportunidades.
Ten dez prazas, destinadas a persoas afectadas de parálise cerebral e patoloxías afíns, maiores de 16 anos. O horario do centro é de 9.00 a 17.00 horas de luns a venres.
Contacto
Enderezo: Rúa Miguel Hernández, 1, Vigo, 36.210, Pontevedra
Teléfono: 986 85 76 80
Correo electrónico: direccion.pontevedra@amencer-aspace.org
Centro Hoy por mañana: Ludoteca de integración
O centro Hoy por mañana, ubicado na Rúa Sagunto, 86 de Vigo, conta con unha ludoteca d eintegración. Trátase dun servizo de ocio e tempo libre para nenos de 4 a 10 anos con e sen discapzacidad. Preténdese fomentar a interacción, integración e tolerancia entre nenos e nenas con e sen discapacidade a travñés de actividades lúdicas e de aprendizaxe compartidas nun espazo de lecer e tempo libre.
Dúas monitoras realizan cos nenos actividades lúdicas (manualidades, xogo libre, contacontos, teatro, etc). Permanece aberta de 17.00 a 20.00 horas de luns a venres, todos os meses agás agosto. Na ludoteca organízanse actividades lúdicas addaptadas aos nenos que teñen algún tipo de discapacidade.
Contacto
Enderezo: Rúa Sagunto, 86, bajo. Vigo, 36.205, Pontevedra
Teléfono: 986 261 098
Correo electrónico: apamp@apamp.org