Centro de atención integral Amencer – ASPACE
Este centro aglutina dúas tipoloxías de centro, por unha parte sitúase nesta instalación un centro de educación especial con capacidade actualmente para 36 alumnos )nenos de 3 a 21 anos) e por outra banda un centro de día, autorizado para un total de 17 prazas destinadas a maiores de 18 anos.
Os servizos que se prestan en ambos ademais dos descritos no servizo de rehabilitación, son os seguintes:
+ O colexio de Educación Especial Amencer-ASPACE, sito en Pontevedra (Lourizán), é un centro privado concertado dependente da Asociación Amencer-ASPACE, especificamente adicado á atención integral do neno con parálise cerebral e patoloxías afíns , que cubre as necesidades educativas e de rehabilitación integral dos nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 21 anos de idade, no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, en concreto nas áreas centro e sur da mesma.
+ O outro centro que aglutina o centro de atención integral de Pontevedra é un centro de día, sendo o perfil dos rapaces aos que se dá atención o de grandes dependentes cunha elevada necesidade de apoio xeral en todas as áreas. As actividades que se desenvolven no centro son diversas, destacando obradoiros de artesanía, actividades de relaxación, estimulación cognitiva, coidados persoais…
Contacto
Enderezo: Avenida de las Camelias s/n, Pontemuíños, Lourizán, Pontevedra 36153
Teléfono: 986 86 46 43
Correo electrónico: direccion.lourizan@amencer-aspace.org
Centro de día «Princesa Letizia»
Este centro aglutina dúas tipoloxías de centro, por unha banda sitúase nesta instalación un centro de educación especial con capacidade na actualidade para 12 alumnos (nenos e nenas de 3 a 21 anos) e un centro de día, autorizado para un total de 25 prazas destinadas a maiores de 18 anos.
O colexio de educación especial Princesa Letizia é un centro privado concertado dependente da Asociación Amencer-ASPACE specificamente adicado á atención integral de persoas con parálise cerebral e patoloxías afíns, que asiste a unha poboación comprendida entre os 3 e os 21 anos de idade, no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, en concreto o norte da provincia e toda a área do Salnés.
Neste centro trabállase con diferentes aspectos, destacando o seguinte:
+ Dar resposta ás necesidades educativas, sanitarias e sociais dos nosos alumnos, favorecendo a relación interprofesional entre os distintos ámbitos: escolar, médico.. tendo en conta que os nosos alumnos adoitan presentar disfuncións graves e permanentes.
+ Desenvolver unha acción educativa interdisciplinar, baseada nun traballo coordinado en equipo no que cada profesional aporte os coñecementos que desde a súa área ten o neno.
+ Favorecer un clima de afecto e respecto no que o obxecto prioritario sexa a comunicación e interacción co neno ou nena.
+ Facilitar o bo ambiente interprofesional como base para unha educación de calidade.
+ Fomentar e favorecer o entusiasmo, a motivación, a autoavaliación e a formación continua dos profesionais, procurando estar ao día en novos métodos e tecnoloxías que favorezan e melloren a intervención.
+ Facer significativos diferentes momentos da vida diaria do neno, tanto escolar como familiar (comedor, baño…)
Nesta instalación está situado tamén un centro de día para rapaces cun dobre perfil. Por un lado están aqueles que teñen unha certa autonomía para o desenvolvemento de actividades da vida diaria e, por outro, aqueles que precisan apoio xeral e permanente para todas as actividades.
Polo tanto, os obxectivos do centro son moi diversos:
+ Potenciar o desenvolvemento persoal para a superación dos obstáculos que a minusvalía lles supón, dentro das posibilidades de cada usuario.
+ Orientar aos usuarios cara a utilización dos recursos comunitarios beneficiosos para o seu desenvolvemento persoal (educación, deportes, actos culturaism excursións…)
+ Acadar unha autonomía persoal e social.
Para o cumprimento destes obxectivos, o centro de día de Vilagarcía conta con varios obradoiros:
+ Obradoiro de informática adaptada: o ordenador debe de ser unha ferramenta básica de traballo, xa que facilita a realización de numerosas actividades. Os usuarios contan con axudas técnicas de acceso e programas informáticos adaptados ás súas necesidades, o que lles permite desenvolver ao máximo as súas capacidades.
+ Obradoiro de axuste persoal e social: no centro trabállase de maneira permanente o fomento da autonomía persoal e social, así como na relación co entorno. Enténdese que a socialización e a integración nas actividades da comunidade favorece a autonomía.
+ Obradoiros diversos: realízanse múltiples actividades manipulativas como o obredoiro de cadernos/encadernación, separadores de libros e postais de felicitación.
Contacto
Enderezo: Rúa Duque de Terranova, 7 – Urbanización O Castriño, Vilagarcía de Arousa. 36.600 Pontevedra
Teléfono: 986 56 53 34
Correo electrónico: direccion.villagarcia@amencer-aspace.org
Centro de día Amencer-ASPACE en Campolongo
É un centro concentrado coa administración pública e está autorizado para prestar atención a un máximo de 17 usuarios maiores de 18 anos.
No centro desenvólvense as seguintes actividades:
+ Obradoiro de artesanía: ten como obxectivos xerais entre outros:
+ Potenciar a capacidade máxima de casa usuario en canto a destrezas, actitudes e competencias, especialmente manipulativas.
+ Aprender a traballar en equipo como factor socializador,potenciando tamén os hábitos de orde, limpeza e responsabilidade.
+ Desenvolvemento da motricidade fina e grosa.
+ Motivación que provoque unha implicación activa na tarefa.
+ Obradoiro de estimulación cognitiva: séguese unha programación axeitada ás necesidades e posibilidades de cada un dos usuarios para aumentar o seu desenvolvemento persoal e social, tratando de acadar os seguintes obxectivos:
+ Fomentar a iniciatiova e a creatividade.
+ Desenvolver e adquirir conceptos básicos, temporales-espaciales e de cantidade.
+ Desenvolver a atención e a concentración.
+ Desenvolver a memoria a longo e curto prazo.
+ Asimilar conceptos numéricos básicos.
+ Obradoiro de informática: ten dous obxefctivos importantes:
+ Aumentar a autonomía dos usuarios
+ Favorecer a adquisición e mantemento de coñecementos
+ Obradoiro de axuste persoal e social: un dos factores que contribúe a que unha persoa con discapacidade acade un bo nivel de autonomía é a relación que amosa co entorno e coas persoas que a rodean. Neste programa contémplanse dicversas actividades que fomentan esta relación
+ Obradoiro de pintura e manualidades: é un obradoiro que ademais de favorecer varios aspectos importantes para os nosos usuarios, como a coordinación óculo-manual, a atención, a concentración e os tempos de espera entre outros. Tamén serve como medio de diversión, de exprexión e, sobre todo, de relaxación.
Contacto
Enderezo: Rúa Iglesias Vilarelle s/n, Campolongo, Pontevedra, 36001
Teléfono: 986 85 76 80
Correo electrónico: direccion.pontevedra@amencer-aspace.org
Colexio de educación especial Amencer – ASPACE en Lourizán
O centro de educación especial Amencer-ASPACE, situado en Lourizán (Pontevedra) é un centro privado concertado dependente da Asociación Amencer-ASPACE, especificamente adicado á atención inytegral do neno con parlálise cerebral.
Contacto
Enderezo: Avenida de las Camelias s/n, Pontemuíños, Lourizán, Pontevedra 36153
Teléfono: 986 86 46 43
Correo electrónico: direccion.lourizan@amencer-aspace.org
Colexio de educación especial “Princesa Letizia”
O colexio de educación especial Princesa Letizia é un centro privado concertado dependente da asociación Amencer-ASPACE, especificamente dedicado á atención integral de persoas con parálise cerebral e patoloxías afíns, que asiste a unha poboación comprendida entre os 3 e os 21 anos de idade, no ámbito territorial da provincia de Pontevedram en cocreto o norte da provincia e toda a área do salnés.
Contacto
Enderezo: Rúa Duque de Terranova, 7 – Urbanización O Castriño, Vilagarcía de Arousa. 36.600 Pontevedra
Teléfono: 986 56 53 34
Correo electrónico: direccion.villagarcia@amencer-aspace.org