Amencer-ASPACE foi beneficiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para participar nun Proxecto de Formación e Equipamento en T.I.C.

O Centro Educativo “Princesa Letizia” de Amencer-ASPACE realizou a presentación pública dos proxectos vinculados coa utilización das novas tecnoloxías no ámbito da educación especial para fomentar a inclusión educativa. No acto estiveron presentes Manuel Costa Carneiro, Consellería de Educación; David Carrera, director do centro At. Integral “Princesa Letizia”; Emma Falcón, subdirectora e mestra do CEE “Princesa Letizia”; Mónica Touriño, xerente de Amencer-ASPACE; Carlos Godoy, Presidente de Amencer-ASPACE; Alba Boquete, logopeda; e Ana Baños, madre dunha alumna do CEE e membro da Xunta Directiva.

No acto presentouse “Los cuentos viajeros”, o proxecto seleccionado para participar no Proxecto de Formación e Equipamento en T.A.C, foi financiado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, xestionado a través de Confederación ASPACE. Estos contos nútrense do concepto de “Biblioteca persoal”, co obxetivo de crear unha biblioteca multimedia, onde se volcaron os contos vinculados aos intereses dos alumnos.

A maiores, a Fundación Carrefour no marco dun convenio con Confederación ASPACE, concedeu a este centro unha pizarra dixital interactiva como recurso didáctico accesible para o alumnado con parálise cerebral. A meta, achegar aos alumnos ao mundo das novas tecnoloxías e a súas aplicacións dentro do contexto de ocio e tempo libre, proporcionándolles outra modalidade de entretenemento, de forma individual ou grupal, como un xogo compartido. A idea principal, apostar pola renovación das actividades, facéndoas máis atractivas, favorecendo a motivación, a capacidade do desempeño persoal, a concentración, o entretenemento lúdico, a coordinación e a movilidade dos membros superiores dos alumnos.

Trala presentación dos proxectos, levouse a cabo unha demostración práctica con dúas alumnas, Anita e Paula, sobre o uso das novas tecnoloxías. A continuación, David Carrera, director do centro, realizou unha visita guiada pola entidade mostrando as salas destinadas a informática, logopedia, taller de manualidades, aula de actividades, fisioterapia, comedores e xardín.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp