A formación culminou con dous actos simultáneos de entrega de diplomas aos/ás trece alumnos/as usuarios/as de APAMP incritos/as, un recoñecemento ao seu compromiso por formarse nun ano no que a pandemia non puido coas súas ganas de aprender e superarse

Emoción, orgullo e satisfacción” eran as palabras máis repetidas e as emocións máis sentidas no acto de entrega de diplomas aos/ás auxiliares de conserxe formados/as por Federación ASPACE Galicia.

Dúas emotivas cerimonias simultáneas tiveron lugar o 4 de maio de 2021 nas dúas sedes nas que se impartiu a recta final do curso, os centros de Navia e Miguel Hernández da Asociación APAMP en Vigo. A entrega dos certificados realizarona Mercedes Pazos e Juan Camba, técnicos de FSC Inserta da Fundación ONCE, entidade que fixo posible o desenvolvemento do curso.

A formación, que comezou cun único grupo en Navia antes da chegada da pandemia, tivo que dividirse en dúas unidades e pasar a modalidade semipresencial a partires de decembro de 2020 para garantir a seguridade do alumnado e cumprir coas normas sanitarias impostas.

Malia o obrigado receso entre marzo e decembro de 2020 debido á emerxencia sanitaria e ao esforzo que supuxo para o equipo formador e o alumnado axustarse ás novas pautas, os/as trece aspirantes a auxiliar de conserxe incritos/as conseguiron finalizar o curso en xaneiro deste ano nun clima de entusiasmo e compromiso.

O curso de formación para auxiliares de conserxe incluíu cinco módulos: Seguridade e hixiene no traballo, Servizo de conserxería, Habilidades sociais enfocadas ao cliente, Comunicación e arquivo, e Recepción e emisión de chamadas.

A iniciativa forma parte da estratexia de inserción laboral para persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns que Federación ASPACE Galicia vén implementando desde 2006. Con ela preténdese dotar aos alumnos, homes e mulleres, dos coñecementos técnicos e as competencias profesionais necesarias para que desempeñen correctamente as funcións propias dun cargo de ordenanza/conserxe e mellorar así as súas posibilidades de inserción laboral e social.

Coñece máis sobre o noso Programa de Empleo y Formación

Toda a información sobre o curso de auxiliar de conserxe nas ligazóns: inicio, reanudaciónfinalización do curso

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp