O grupo formado por Agus, Gael e Silvia; e o grupo formado por Edu, Gonzalo e Oscar pasan á gran final

O Centro Residencial de APAMP en NAVIA acolleu esta mañá a segunda semifinal do IV Concurso de Cociña “en ASPACE cociñamos xuntos”. Un total de 12 grupos formados por unha persoa con parálise cerebral membro da nosa asociación APAMP Vigo acompañados dun familiar ou profesional da entidade prepararon as súas receitas centrándose nun prato elaborado con hamburguesa.

O grupo formado por Agus, Gael e Silvia gañaron a semifinal na categoría de formato tradicional co seu prato “TATIBURGER” mentres que, o grupo formado por Edu, Gonzalo e Oscar gañaron a semifinal na categoría de triturado/texturado co seu prato “Hamburguesa de salmón con maionesa de aguacate”; pasando á gran final que terá lugar o día 29 de novembro.

Os participantes presentaron seductoras propostas gastronómicas contando como novidade a competición en dúas categorías: formato tradicional e formato triturado/texturado. O xurado estivo formado por Alberto González Prelcic do Restaurante Silabario – A Sede e membro do Grupo Nove Cociñeiros, María José Alcalde Abal colaboradora de Turvegal e Luis Vidal Estévez López – nutricionista en Federación ASPACE Galicia.

Os gañadores da semifinal foron obsequiados cun lote de produtos gourmet por cortesía das empresas colaboradoras do IV Concurso de Cociña: Aceites Abril, Anfaco Cecopesca, Casal Coton, Gadis, Galifresh, Hifas da Terra Fundación, Mel de Galicia e Porto Muiños, entregados por Daniel Varela Lago (Presidente de APAMP Vigo). Mentres que o xurado recibiu un agasallo elaborado nos talleres artesanais da propia asociación.

A próxima semifinal será o 21 de novembro e os participantes da asociación Aspace Coruña competirán no centro que a entidade ten en Sada (A Coruña). Os gañadores de cada unha das tres semifinais competirán na gran final do día 29 de novembro.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp