O pasado 26 de xaneiro o Grupo Parlamentario Socialista recibiu no Parlamento de Galicia ás entidades que conforman o CERMI GALICIA, co fin de recoller as principais demandas e necesidades das persoas con discapacidade en Galicia.

No acto participaron representantes de ASPACE GALICIA, PLENA INCLUSIÓN, COGAMI, ONCE, FAXPG, FEAFES, DOWN, AUTISMO, FEGADACE e FAGAL. En representación de ASPACE GALICIA acudiu o Presidente da FederaciónEulogio López, que trasladou ós representantes do PSdeG a realidade do colectivo das persoas con Parálise Cerebral.

Na presentación realizada afondouse no feito de que a parálise cerebral é unha pluridiscapacidade que implica que a intensidade da atención e os apoios que precisa unha persoa con parálise cerebral é superior a de outros colectivos, polo que é necesario unha abordaxe diferente.

O Presidente de ASPACE GALICIA reclamou melloras no financiamento de diversos servizos como o de transporte, polas especiais necesidades deste colectivo; o aumento das prazas públicas específicas para a atención á parálise cerebral en Galicia; o aumento da coordinación e cooperación entre as diferentes consellerías con competencias no ámbito do social e sanitario da Xunta de Galicia; a aposta por fomentar a incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade en xeral e con parálise cerebral en particular…

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp