Federación ASPACE-Galicia participou este sábado nas Xornadas de Educación Inclusiva 2017-2018 que se desenrolaron na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O evento, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), converteuse nun espazo de inclusión no que as entidades sen ánimo de lucro mostramos o traballo que levamos a cabo en materia de educación inclusiva.
ASPACE- Coruña, Amencer-ASPACE, APAMP e a propia Federación compartimos un stand no que se facilitou información dos proxectos que temos en marcha en relación á educación inclusiva, e cós que damos resposta ás necesidades específicas de apoio educativo dos/as alumnos/as con parálise cerebral. Ademais do noso Servizo de Atención Temperá e os nosos Centros de Educación Especial, dende ASPACE consideramos fundamental que toda a comunidade educativa colabore e por elo prestamos asesoramento ós centros ordinarios e definimos pautas a seguir para favorecer a atención á diversidade.
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asistiu tamén a unhas xornadas nas que se falou da creación dunha nova materia de libre configuración autonómica baixo o nome de “Sociedade Inclusiva” para 1º y 2º de ESO. Materia que por outro lado será pioneira no sistema educativo español.
Para ampliar información sobre a Educación Inclusiva en ASPACE-Galicia prema o link.