Cada ano, o 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade, unha xornada que serve para visibilizar ás persoas con discapacidade e as dificultades que día a día encóntranse para normalizar a súa vida diaria
Este ano 2017, con motivo deste día, diversas entidades da discapacidade de Vigo, Pontevedra, A Coruña e a súas áreas metropolitanas, puxéronse de acordo para organizar un acto común.
Con un lema común, “Baixo o mesmo paraugas”, os participantes nestes actos portaron paraugas de cores para simbolizar a sociedade diversa na que vivimos.
As persoas con discapacidade, das diferentes entidades participantes nos actos, leron un manifesto no que reclamaban maior accesibilidade a todos os niveis nas nosas cidades e expresaron a través de sinxelas mensaxes os seus desexos e demandas.
Unha representación da Federación ASPACE GALICIA participou nos actos celebrados nas cidades de A Coruña, Pontevedra e Vigo.