A Federación ASPACE – Galicia, xunto a profesionais de ASPACE Coruña e APAMP Vigo, participou os pasados 15 e 16 de febreiro no “I Curso de iniciación na elaboración de texturados para persoas con parálise cerebral”. Un curso eminentemente práctico promovido por ASPACE Navarra – Nafarroa no novo Centro de Referencia da Parálise Cerebral de Lekaroz, un pequeno pobo no Val Baztán.
ASPACE Navarra – Nafarroa e ASPACE Huesca foron os encargados de impartir a formación, unha formación centrada en compartir coñecementos e experiencias entre todos os centros ASPACE que implantan o programa de texturados. Como eixe central do curso a preparación de alimentos texturados, os seus beneficios, así coma a elaboración de menús có fin de que as persoas con parálise cerebral poidan gozar da comida con un abanico maior de sabores e sempre con total seguridade.
Gozar da comida dun modo seguro non debería ser un privilexio exclusivo para as persoas sen problemas de disfaxia, é por elo que ASPACE traballa na mellora continua da dieta das persoas con problemas de deglutición.