O Congreso, celebrado en Madrid o 1 de outubro, co lema “Ante todo muller” contou coa asistencia de máis de 600 personas de toda España, das que máis de 100 foron persoas con parálise cerebral.

A inauguración do Congreso foi realizada por Álvaro Galán, presidente de ASPACE Madrid; Jaume Marí, presidente de Confederación ASPACE; o secretario xeral do CERMI Madrid, Luis Miguel López e o director xeral de atención a persoas con discapacidade da Comunidade de Madrid, Jorge Jiménez de Cisneros.

A xornada de traballo comenzou da man de Emilio Duró que falou sobre o éxito, a felicidade e o sentido da vida na súa motivadora intervención baixo o título “Invitación a participar na festa da vida”.

No primeiro obradoiro da mañá, “Mulleres con parálise cerebral do século XXI”, tres mulleres con parálise cerebral Rocío Molpeceres, vicepresidenta de ASPACE Valladolid, Mercedes García-Laso, psicóloga clínica e Milagros Muñoz, membro da comisión da Rede de Cidadanía Activa ASPACE dialogaron sobre temas tan trascendentais como a maternidade, o emprego ou a sanidade.

A continuación realizouse o obradoiro “Afectividade e sexualidad dende a parálise cerebral” no que participaron Estela Sánchez Murillo, activista polos dereitos das mulleres con discapacidade; Francesc Granja e Marta Clemente de Tandem Team; Gaspar Pablo Tomás, experto en sexualidade de APCA Alicante e Robert Castells e Juan Díaz de Esclat. Entre todos os participantes expúxose a realidade, dificultades e algunhas iniciativas que existen na actualidade para favorecer a afectividade e a sexualidade nas persoas con parálise cerebral.

Na sesión da tarde tivemos a oportunidade de participar nalgún dos obradoiros simultáneos realizados:

  • A importancia da alimentación;
  • Tecnoloxía ao servizo das persoas;
  • A autodeterminación como disciplina diaria”.

Seguidamente tivo lugar o acto institucional final presentado por Sandra Golpe, presentadora de informativos de Antena 3 TV, coa presencia de Álvaro Galán, presidente de ASPACE Madrid; Jaume Marí, presidente de Confederación ASPACE; Alberto Durán, vicepresidente de Fundación ONCE; Luis Cayo, presidente do CERMI Estatal; Marta Higueras, Primeira Tenente de Alcalde do Concello de Madrid  Jorge Jiménez de Cisneros, Director Xeral de Atención a Persoas con Discapacidade.

Neste acto proxectouse o corto «In-dependiente», gañador do concurso ASPACEfilm 2016.

Posteriormente tivo lugar a entrega dos VI Premios ASPACE IpsenPharma, que recaíron nas seguintes persoas e institucións:

  • Institución: Real Patronato sobre Discapacidade.
  • Boas Prácticas: para a Rede de Cidadanía Activa de ASPACE Extremadura.
  • Traxectoria Vital: para a presidenta de Convives con Espasticidad, Claudia Tecglen.
  • Premio ao Compromiso (a título póstumo): Para Francisco Valdivia, anterior presidente de ASPACE Madrid recentemente falecido.

Neste encontro ademáis fíxose público o gañador do Concurso de fotografía ASPACE que foi a parar a mans da nosa compañeira de APAMP (Vigo) Inés Goméz coa súa serie de fotografías Maternidade.

Como cada ano leeuse o maniiesto, que este ano está destinado ás familias das persoas con parálise cerebral e por elo foi lido por Judit e Fernando, pais dunha nena con parálise cerebral.

Finalmente a presidenta da Fundación Solidaridad Carrefour, María Cid, xunto ao presidente de Confederación ASPACE, Jaume Marí, presentaron a recadación da campaña solidaria «Oso pekoso» e a nova campaña para este ano 2017.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp