O Parlamento e ASPACE-Galicia comprométense a colaborar en materia de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con parálise cerebral
Esta mañá tivo lugar no Parlamento de Galicia a firma dun ‘Protocolo de Colaboración’ entre a nosa entidade, Federación ASPACE-Galicia, e o parlamento galego para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con parálise cerebral na Administración de dito organismo.
Eulogio López Río, na súa condición de presidente de Federación ASPACE-Galicia, e Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; firmaron un acordo no que ambas partes comprométense a colaborar no desenrolo de iniciativas conxuntas que favorezan a integración das persoas con parálise cerebral en tódolos planos da vida pública, cultural e laboral na Comunidade Autónoma de Galicia.
O ‘Protocolo de Colaboración’ ten por obxecto fixar un marco xeral de actuación para o deseño e realización de actividades que teñan coma finalidade, facilitar a adaptación e o desenrolo das funcións no posto de traballo das persoas con parálise cerebral que podan prestar servizo na súa Administración.
Supón un paso máis para Federación ASPACE-Galicia no seu compromiso coa inserción laboral das persoas con parálise cerebral na Comunidade Autónoma de Galicia, o seu ámbito de influencia.