A final do concurso ‘En ASPACE Cocinamos Juntos’ tivo lugar esta mañán na Escuela Naval Militar de Marín

Os vencedores foron Suso Quintela e Jacinto Creo coa súa filloa “Galicia Style”  da asociación ASPACE-Coruña. Con este certamen que cumpre a súa tercera edición, ASPACE-Galicia ten por obxetivo unir no mundo da gastronomía a persoas con parálise cerebral xunto os seus familiares e/ou traballadores das entidades ASPACE para que elaborasen a mellor filloa.

A filloa de Suso e Jacinto con crema de queixo e crema de marmelo gañou sobre ás elaboracións de Diego Moares, Esteban López e David Villaverde (AMENCER-ASPACE de Pontevedra), que crearon un menú con café e canela denominado ”Filloca“. Como tercer grupo, competían Yoha Pérez y Sergio Viudez (centro APAMP en Vigo) con ”Dulcinea“, unha elaboración con dosis de chocolate e fresas. Os participantes foron os gañadores das semifinais que se desenvolveron durante o mes de novembro en A Coruña, Vigo e Pontevedra.

Nesta nova edición, os cociñeiros puideron mostrar a súa receita en pictogramas e as súas filloas en texturizado. Esta final contou cun xurado de excepción composto por Antonio Botana Álvarez do Restaurante Pandemonium (Cambados) e membro do Grupo Nove Cociñeiros; Julián Sánchez-Ferragut Ortiz- Repiso, Capitán de Fragata da Escuela Naval Militar de Marín; e o blogueiro de gastronomía, Alberto Rivas Álvarez de “Máis grelos”.

Como premio, os vencedores recibiron un lote de produtos por cortesía das empresas colaboradoras e poderán disfrutar dunha cea nun dos restaurantes do Grupo Nove Cociñeiros. O resto de participantes recibiron a súa cesta de productos gourmet recoñecendo a súa participación no concurso. Asimesmo, ao xurado  entregoúselle un detalle elaborado polos participantes da entidad AMENCER-ASPACE.

Colaboraron coa iniciativa Leite Larsa, Cerveza Meiga, Harinas Reyes, Portomuiños, Aceites Abril, Secretos de Galicia, Hifas da Terra e Miel de Galicia.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp