La gran ‘X Solidaria humana’ marca el inicio de la campaña en favor de marcar la X Solidaria

Federación ASPACE-Galicia e as súas asociacións membro – ASPACE CoruñaAmencer-ASPACE e APAMP Vigo – trasladáronse hoxe á capital da comunidade galega para participar na gran X Solidaria que cubriu a Praza do Obradoiro. Unha ‘X Solidaria humana’ para reivindicar a importancia de marcar a casilla 106 de ‘Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social’ na Declaración da Renda de 2017.

Unhas 400 persoas beneficiarias das entidades sociais galegas participamos nun acto de promoción da campaña no que responsables das tres plataformas galegas de ONG organizadoras: Mónica Permuy, vicepresidenta de EAPN-Galicia; Iker Sertucha, presidente do CERMI Galicia; e Lorena Seijo, representante da Coordinadora Galega de ONGD, explicaron a importancia de marcar a casiña que beneficia directamente ás persoas que estábamos alí reunidas. Acompañando ás persoas con parálise cerebral membro das nosas asociacións, así como ós nosos profesionais, atopábase Eulogio López Ríopresidente de Federación ASPACE-Galicia.

Practicar a Rentaterapia é un exercicio que ó contribuínte non lle custa nada pero do que se benefician centos de asociacións, entre elas ASPACE, e gracias ó que desenrolamos proxectos que axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral, das súas familias e dos seus coidadores.

Dende Federación ASPACE-Galicia facemos un chamamento á cidadanía para que se sume ó carro da X Solidaria e este ano decida que o 0,7% do seus impostos sexa destinado a fines sociais. Porque marcar a casiña 106 non significa que se pague máis nin que te devolvan menos, se non que axudas a 7 millóns de persoas que se benefician de proxectos financiados a través da casilla 106.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp