Con motivo da conmemoración do Ano Galego da Parálise Cerebral, ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) pon en marcha a primeira edición do concurso gastronómico “En ASPACE Cociñamos Xuntos”. Un concurso diferente para país e fillos co fin de premiar a mellor receita de tortilla de patacas feita pola comunidade ASPACE de toda Galicia.

A actividade, que lévase a cabo en tres das asociación que conforman a nosa Federación (ASPACE-Coruña, AMENCER-ASPACE e APAMP Vigo), ten como principal obxectivo fomentar a realización de actividades de ocio conxuntas entre país e fillos, así como resaltar a creatividade, responsabilidade e autonomía do noso colectivo, resaltando o mesmo tempo, as súas moitas capacidades.

Un total de 23 parellas, compostas por unha persoa con parálise cerebral acompañada por un pai/nai ou profesional da entidade, foron os participantes nesta primeira edición de “En ASPACE Cociñamos Xuntos”. De tódalas parellas, so as gañadoras das tres fases eliminatorias (David Enríquez e o seu pai Moisés en ASPACE-Coruña, Vitor Maragalha e a súa nai Fátima en AMENCER ASPACE e Paula Madrid e María Antonia Pérez “Anita” de APAMP) Terán que enfrontarse coa súa tortilla na gran final que terá lugar en Betanzos, capital galega da tortilla, no próximo mes de xaneiro.

Outro dos aspectos máis relevantes deste concurso culinario, foi o xurado de excepción co que contamos. O restaurador Pepe Vieira, os blogueiros gastronómicos Alberto Rivas, Verónica Nóvoa, José Silva y Elena Fernandez Gallego; o pasteleiro Daniel Diéguez, a concelleira pontevedresa María Biempica, a crítica gastronómica Mariam Priego e o presentador do programa radiofónico da Radio Galega, José Manuel García, foron algúns dos membros do xurado que destacaron, en cada unha das fases eliminatorias, a gran calidade e exquisitez das tortillas elaboradas por tódolos participantes así como a importancia de iniciativas coma esta.
Unha divertida actividade coa que colaboraron, doando os seus produtos, as empresas Aceites Abril, Supermercados Gadis y Avega Productos Ecológicos.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp