[rgpd-header-scripts] ASPACE- Galicia, entre as entidades sociais galegas que presentan “Rentaterapia”, a campaña a favor de marcar o X Solidario na declaración da renda - Federación Aspace Galicia
Skip to content

ASPACE- Galicia, entre as entidades sociais galegas que presentan “Rentaterapia”, a campaña a favor de marcar o X Solidario na declaración da renda

Baixo o lema “Apúntate á rentaterapia”, Federación ASPACE-Galicia e varias entidades sociais galegas presentaron este venres no centro sociocultural do Ensanche, a campaña informativa a favor de marcar a ‘X Solidaria’ na declaración da renda, e na que representantes de EAPN, CERMI Galicia e Coordinadora ONGD ofreceron os últimos datos de recadación do cadro 106 de “Actividades de interese social”. Marcando este cadro conséguese que un 0,7% dos impostos se dediquen a fins sociais (discapacidade, inclusión social, mulleres, infancia, cooperación…).

A vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy, abriu o acto explicando que “cando se fai a declaración da renda existen catro posibilidades: marcar o recadro de Fins Sociais, marcar o recadro de Fins Sociais e o da Igrexa Católica, marcar só o cadro da Igrexa Católica ou non marcar ningún recadro. O que pretendemos con esta campaña, é animar á xente a que marque o recadro de “Actividades de interese xeral”, porque non estaremos pagando máis impostos, nin recibiremos menos cartos no caso de devolución: o que faremos será contribuir á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social.”

“Trátase dun dereito que temos: escoller a onde van a parar os nosos impostos.”Lorena Seijo, representante da Coordinadora Galega de ONGD, realizou un balance das cifras recadadas a través do recadro Fins Sociais durante a declaración da renda presentada o ano pasado en Galicia. Seijo apuntou que “un 55% das persoas contribuíntes en Galicia marcaron o recadro de “Actividades de interese social”. Trátase de 7.320 persoas máis que en 2015. Aínda así, temos 560.237 persoas que seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 416.104 non marcaron ningún recadro e 144.133 só marcaron o da Igrexa). Se todas as persoas que non marcan nada optaran por participar, recadaríamos en Galicia un total de 25,5 millóns de euros (10,7 millóns máis)”

Pola súa banda, o vicepresidente e tesoureiro do CERMI-Galicia, Elías Palacio Verdini, enumerou os múltiples programas que se veñen beneficiando cada ano grazas á X Solidaria, “cada vez que unha persoa marca a X Solidaria na súa declaración da renda, está a colaborar para que as persoas en situación máis vulnerable poidan ter unha oportunidade de saír adiante. De aí a importancia de campañas coma esta para as nosas entidades.

Neste sentido, Elías Palacio destacou a importancia que as entidades lle otorgan á transparencia nestes datos, “queremos apuntar que existe unha total transparencia por parte das ONG á hora de xestionar os proxectos que se realizan. O diñeiro recadado destínase integramente a proxectos concretos que se presentaron previamente ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e en ningún caso se destina ás estruturas das entidades.”

O vicepresidente do CERMI recalcou para finalizar que “Marcar a X Solidaria non custa nada. Nin pagas máis, nin che devolverán menos, e ademais é importante recalcar que pódense marcar ambos os recadros (o da Igrexa, e o de Fins Sociais) duplicando así a solidariedade: ambas asignacións suman 0,7+0,7= 1,4%”.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp
Resumen de privacidad

As cookies utilizadas clasifícanse como necesarias, cando se almacenan no seu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas e de seguridade do sitio web e as cookies de terceiros, que nos axudan a analizar e comprender como se utiliza este sitio web, para fins estatísticos, medir as visitas ao sitio web e a súa orixe, etc., así como elaborar estatísticas e análises de perfís individualizados para poder ofrecerlle publicidade personalizada. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento, polo que tes a opción de desactivar estas cookies.

Ten en conta que desactivar algunhas destas cookies pode ter efectos na túa experiencia de navegación.