Fundada en 1977 por un grupo de pais e nais de persoas con parálise cerebral, é a asociación pioneira en Galicia en atención integral a persoas con parálise cerebral e a única con estas características na Coruña e provincia.

En pouco tempo esta asociación consolídase e é declarada Entidade de Utilidade Pública o 3 de novembro de 1980. A misión da asociación responde á necesidade de fomentar a creación de centros e institucións de carácter rehabilitador e pedagóxico para a recuperación, ensinanza e tratamento psicolóxico e educación dos nenos con parálise cerebral afectados física e/ou psiquicamente. ASPACE-Coruña presta servizos e tratamentos a persoas con parálise cerebral, con afectación tanto física como psíquica. A totalidade dos usuarios teñen asociados importantes déficits sensoriais e intelectuais, o 99% deles son totalmente dependentes para satisfacer as súas necesidades básicas.

Dende a súa creación, ASPACE-Coruña propúxose como obxectivo fundamental proporcionar asistencia integral ás persoas con parálise cerebral mellorando día a día a súa calidade de vida.

{slider Servizos|closed}

Servizos básicos

+    Comedor: o centro dispón dun servizo de comedor no que se serven menús supervisados por médicos nutricionistas cumprindo coas necesidades alimenticias das persoas usuarias do servizo.
+    Transporte adaptado: a entidade conta cun total de oito liñas de transporte que cobren as zonas de Ferrol, Ares, Mugardos, Pontedeume, Miño, Betanzos, Sada, Culleredo, Cambre, Arteixo, A Coruña e as zonas próximas á cidade.
+    Mantemento: é necesario dispoñer dunhas instalacións en condicións de hixiene, seguridade e habitabilidade óptimas para o bo funcionamento do centro e o benestar dos usuarios.
+    Servizo de hixiene persoal: asistencia nas actividades básicas da vida diaria.

Servizos terapeúticos

+    Fisioterapia: encárgase do tratamento das persoas con alteracións de ton, movemento e postura. Os tratamentos de fisioterapia realízanse a nivel individual e están encamiñados a manter e mellorar as capacidades físicas dos usuarios.
+    Hidroterapia: as sesións de traballo en hidroterapia pretenden acadar unha mellora ou mantemento das habilidades motrices, empregando a auga como medio terapéutico.
+    Logopedia: desenvolver actividades de prevención, avaliación e recuperación dos trastornos da audición, fonación e linguaxe, mediante técnicas terapéuticas propias da logopedia.
+    Psicoloxía: prestar atención psicolóxica aos usuarios do centro é fundamental para mellorar o seu benestar emocional e manter e/ou incrementar as súas capacidades cognitivas mediante intervencións proactivas, preventivas e de mellora do seu entorno.
+    Traballo social: desenvolver actividades de prevención e intervención social co obxectivo de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes do usuario ou da súa familia.
+    Terapia ocupacional: proporciónanse as ferramentas e habilidades necesarias para favorecer un desenvolvemento o máis autónomo posible das persoas afectadas con parálise cerebral, con dúas salas de estimulación sensorial.
+    Servizos médicos e enfermería

Servizos de ocio e tempo libre

+    Informática: impártense clases de informática mediante o uso de novas tecnoloxías de acceso a comunicación e sistemas alternativos e aumentativos da comunicación.
+    Deporte: o Club Deportivo ASPACE Coruña é un club federado nas modalidades de boccia e slalom en cadeira de rodas, que compite en campionatos a nivel nacional e internacional, contando con instalacións deportivas para a práctica destas modalidades.
+    Participacións en concursos e exposicións
+    Saídas e excursións
+    Viaxes e vacacións
+    Grupo de autoxestores
+    Escola de pais

Servizos de xestión e administración

+    Dirección
+    Administración
+    Secretaría
+    Recepción, programa de axuste persoal de usuarios

Investigación e novas tecnoloxías  ASPACE – Coruña

ASPACE Coruña está a colaborar coa Universidade de A Coruña no desenvolvemento e posta en funcionamento dos seguintes proxectos:

In-TIC:

“Novas tecnoloxías de apoio para a accesibilidade, usabilidade e e-inclusión das persoas con diversidade funcional no uso das tecnoloxías da información e a comunicación”

Este proxecto ten como obxectivo final desenvolver aplicacións que permitan interactuar ás persoas con diversidade funcional no entorno virtual. Definíronse dous sistemas de apoio:

+    Sistema de apoio de información, comunicación e sinalización: aumenta a participación e interacción social en usuarios con limitacións na comunicación ao mesmo tempo que potencia a calidade de vida, a capacidade funcional e a autonomía persoal.
+    Sistema de acceso ás TIC: pretende facilitar o acceso e uso do ordenador, PDA e Smartphone. O obxectivo é facer a aplicación o máis accesible e utilizable posible, permitindo adaptar a interface física, a cognitiva e a sensorial en función das capacidades e necesidades dos usuarios.

Head In-TIC:

«Creación da rede de dinamización dun novo sistema de apoio para a accesibilidade, usabilidade e e-inclusión das persoas con diversidade funcional na sociedade da información”

O proxecto Head In-TIC integra dúas ferramentas:

+ Hadware de acceso a través dos movementos da cabeza.
+ Software de usabilidade co que resulta máis intuitiva, flexible e eficiente a interacción persoa-ordenador.

E.T.I.C:

“Estimulación terapéutica computerizada na promoción da autonomía persoal das persoas con dano cerebral”

Este proxecto ten como obxectivo a estimulación terapéutica das persoas con dano cerebral a través das TIC, co fin de mellorar a súa autonomía persoal, a súa independencia funcional e a súa calidade de vida.

PROXECTO EDIRIS:

 “Videoculografía infravermella”, sistema Iriscom

Co fin de determinar os movementos oculares do suxeito mediante un sistema de visión artificial e iluminación infravermella invisible para o usuario. Unha vez que se detectan os movementos do ollo dedúcese o punto de vista do suxeito dentro da pantalla do ordenador.

Este sistema aumenta a autonomía persoal das persoas con parálise cerebral a través de módulos específicos que se encargan de realizar diversas tarefas: emulación de dispositivos de entrada, sintetizador de voz, control de entorno e interface de usuario.

{slider Contacto}

Casteliño 24, Lugar de Osedo

15160 Sada – A Coruña

Galicia. España

Teléfono. 981 61 03 12 – Fax. 981 61 03 59

Correo electrónico: aspacecoruna@aspacecoruna.e.telefonica.net

Web: http://www.aspacecoruna.org

 {loadposition mapaCoru}

Actualmente, ASPACE-Coruña conta con dous centros residenciais que dan resposta ás necesidades de persoas adultas que precisan dun apoio xeral fóra do ámbito familiar. ASPACE, no ámbito residencial, ten capacidade para atender a: 49 persoas en estancia permanente, dúas persoas en estancia temporal e catro persoas de respiro familiar.

Contacto

Enderezo: Casteliño 24, Lugar de Osedo, Sada. 15160 A Coruña
Teléfono: 981610312
Fax: 981610359
Correo electrónico: aspacecoruna@aspacecoruna.e.telefonica.net

Centro de día ASPACE – Coruña

O centro de día dispón de 64 prazas das que 46 eestán contratadas coa Consellería de Traballo e benestar. Está orientado a persoas con parálise cerebral fóra da idade escolar e que non poden asistir a centros ocupacionais ou de emprego. As actividades que se desenvolven no centro son de carácter moi diverso, contando cunha serie de obradoiros e servizos que estimulan e favorecen a autonomía e o desenvolvemento persoal dos usuarios.

Contacto

Enderezo: Casteliño 24, Lugar de Osedo, Sada. 15160 A Coruña
Teléfono: 981610312
Fax: 981610359
Correo electrónico: aspacecoruna@aspacecoruna.e.telefonica.net

Centro de educación especial ASPACE – Coruña

O centro de educación especial conta con seis unidades concertadas coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Cobre as necesidades educativas desde os 3 ata os 21 anos. Cada aula está formada de media por grupos de entre 4 e 6 alumnos, axeitándose as aulas en base á idade e ás capacidades cognitivas dos nenos. Funciona de luns a venres dende o 1 de setembro ata o 31 de xullo.

Contacto

Enderezo: Casteliño 24, Lugar de Osedo, Sada. 15160 A Coruña
Teléfono: 981610312
Fax: 981610359
Correo electrónico: aspacecoruna@aspacecoruna.e.telefonica.net

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp