Yago Rodríguez e Jacinto Creo serán os representantes coruñeses na final deste  concurso organizado por ASPACE-Galicia 

A asociación ASPACE- Coruña acolleu esta mañá a segunda eliminatoria do concurso ‘En ASPACE Cociñamos Xuntos’, unha divertida iniciativa gastronómica organizada por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral). Un total de cinco parellas, compostas por unha persoa con parálise cerebral acompañada de un familiar ou un profesional da entidade, enfrontáronse por conseguir unha praza na gran final e facerse con premio á mellor tosta ASPACE da nosa comunidade autónoma, elaborada con produtos típicos do outono como as castañas, cogomelos ou cabaza.

A eliminatoria estivo moi reñida e finalmente Yago Rodríguez e Jacinto Creo impuxéronse coa tosta ‘Galopín’, elaborada con medallóns de solombo, queixo de cabra e confitura de castaña, entre outros ingredientes. Os gañadores desta semifinal leváronse un lote de produtos de Conservas La Pureza.

Os membros do xurado (a gañadora dunha Estrella Michelín e membro do Grupo Nove Cociñeiros, Beatriz Sotelo; a blogueira gastronómica, Teresa Rico Expósito e o xerente da Federación, Ignacio Pérez) destacaron a grande calidade das tostas elaboradas por tódolos participantes e salientaron a importancia de iniciativas coma esta, na que participan doando produtos as empresas Aceites Abril, Hifas da Terra, Trastrigo Obrador, Akane Frutería, Conservas La Pureza e D.O. Ribeiro.

Familias e usuarios de APAMP Vigo pecharán a quenda de semifinais o vindeiro 4 de novembro. Os gañadores das tres semifinais competirán nunha final que se celebrará o próximo 10 de novembro.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp