O próximo xoves, 11 de maio, Sada acollerá o II Encontro Galego de Autoxestores

O encontro, que se enmarca nos actos de celebración do 40 aniversario de ASPACE Coruña, busca fomentar e facilitar a participación activa das personas con parálise cerebral ou patoloxías afíns nas decisións que afectan as súas vidas. Nesta nova edición, a temática céntrase en Metas, retos e desafíos de futuro. O próximo xoves, 11 de maio, Sada acollerá o II Encontro Galego de Autoxestores. O evento organizado por ASPACE Coruña e Federación ASPACE-Galicia, conta coa colaboración do Concello de Sada, a Consellería de Política Social, APAMP Vigo e Amencer-Pontevedra.

Ás 11:00 horas na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada, comenzará o encontro coa intervención do alcalde de Sada, Benito Portela; o director xerente de ASPACE Coruña e Presidente de Federación ASPACE, Eulogio López; e o membro de Autoxestores e da Comisión de traballo Ciudadanía Activa, Jorge Liñares.

A continuación, a xornada prosegue coa charla da coach Patricia González, ponencias, testimonios, elaboración das conclusións do encontro, así como a lectura do “Tendal de los deseos”, elaborados polos participantes. Na clausura, intenvendrá a Subdirectora Xeral de Recursos Asistenciais e Atención Diurna (Consellería de Política Social), Mª Carmen Calviño; e como broche final, os asistentes poderán disfrutar das actuacións do cantautor, Paris Joel, e do monologuista, Ivanote.

lllll

Rede Autonómica de Autoxestores

A Rede Autonómica de Autoxestores nace en 2014 co obxectivo de crear un espazo común onde persoas con parálise cerebral de Galicia debatan sobre as cuestións que lles afectan promovendo a sús autoxestión, autodefensa e autodirección, converténdose nos seus propios portavoces e protagonistas da súa vida. Trátase de facilitar a súa participación activa como principio fundamental da autodeterminación; á vez que se busca a coordinación co resto de grupos de autoxestores de Galicia.

O grupo está formado por persoas con parálise cerebral e profesionais das asociacións ASPACE Coruña (Sada), Amencer-ASPACE (Pontevedra) e APAMP (Vigo) que participan en grupos de autoxestión en cada un dos centros e que se xuntan de forma periódica para abordar distintos indicadores de calidade de vida como poden ser: servizos que reciben nas entidades ASPACE, propostas de mellora, desenvolvemento persoal, inclusión social, vivenda, afectividade e sexualidade, saúde, ocio, familia, dereitos e obligacións.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp